Deputación de Lugo

A Deputación solidarízase coa loita contra o cancro

Imaxe deputación de lugo
Lara Méndez e Regina Polín participan na Cuestación anual que realiza a Asociación Española Contra o Cancro cunha mesa recadatoria no Pazo provincial

A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, a Deputada de Economía e Facenda, Regina Polín, xunto á Presidenta da Asociación Española contra o Cancro en Lugo –AECC-, María Concepción de Martín, participaron este xoves na Cuestación anual que realiza este colectivo cunha mesa recadatoria situada diante do Pazo de San Marcos. O organismo provincial solidarízase coa loita contra esta enfermidade que padecen 1.500.000 españois segundo datos da AECC. Baixo o lema “Contra el Cáncer todos somos importantes, por eso te pedimos que participes en la cuestación a favor de la AECC”, a Deputación súmase a esta causa para paliar unha lacra que, segundo as previsións do Instituto de Oncoloxía Médica, en 2015 afectará a 220.000 españois máis que na actualidade. O Instituto Nacional de Estatística cifra en 104.000 as persoas que morren en España polo cancro. Os ingresos da Cuestación anual supoñen o 90% do presuposto deste colectivo por elo, esta cita é un dos eventos más emblemáticos desta organización sin ánimo de lucro que cómpre de apoio para seguir mellorando a vida das persoas, e minimizar o impacto desta enfermidade. O recadado nas 20 mesas que se distribúen pola capital lucense permitirá á AECC levar a máis persoas mensaxes de prevención, financiar proxectos de investigación oncolóxica, prestar asistencia psicolóxica e social, desenvolver actividades con cativos afectados, axudar ás persoas a deixar de fumar, ou ofrecer información rigorosa e de calidade nos seus portais.