Deputación de Lugo

Gómez Besteiro pecha 6 acordos na Mariña por valor de 250.000 euros

A Deputación destina 500.000 euros á elaboración da Relación de Postos de Traballo de 11 Concellos

A roza das estradas provinciais, o medio ambiente e o asesoramento ós municipios en materia de recursos humanos completaron a visita oficial do Presidente ós Concellos de Burela e Viveiro Gómez Besteiro anunciou que o INLUDES extenderá o Programa de Sucesión na Empresa, iniciativa pioneira entre as Deputacións de España e iniciada na Mariña Luguesa, á zona sur da provincia O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado pola Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Delegado de Pesca en Lugo, José Ramón Val Alonso, desprazouse este xoves á Mariña donde comprometeu 6 proxectos por valor de 250.000 euros. Na visita institucional á zona norte da provincia Gómez Besteiro asinou varios convenios cos Alcaldes de Viveiro e Burela, Melchor Roel e Alfredo Llano. Os dous municipios mariñanos súmanse por primeira vez ó listado de Concellos que asumiron directamente a xestión da roza das vías provinciais dos seus Concellos. En total son 56 quilómetros de vías proviniciais, 50 Viveiro e 6 Burela, que supoñen un custe para a Deputación de 9.900 euros. “Con esto demostramos que esta iniciativa, como outras da Deputación, non vai dirixida a solucionar todos os problemas pero si a ser útiles naquelas cousas que sumadas unhas a outras indican a intención de facer unha xestión dirixida ós Concellos da provincia. Proba desta eficacia é que o convenio vén de aprobarse hai un par de horas pola Xunta de Goberno e, agora, xa o estamos asinando en dous municipios que decidiron sumarse á iniciativa”. O ano pasado 21 Concellos asumiran por primeira vez este cometido, o que supuxo un investimento para arcas da Deputación de 246.000 euros. Este ano, son xa 46 os municipios que decidiron asumir os traballos. En total suman 2.814 quilómetros de vías provincias e un importe de 497.268 euros. “O que tratamos é que todos os gastos de mantemento da rede viaria provincial vaian encamiñados á obtención dunha maior seguridade e comodidade na utilización desas vías, xa que son os Concellos os que están directamente relacionados coas vías de comunicación existentes no seu municipio, con independencia de quen ostente á súa titularidade”. Recursos humanos e medio ambiente A institución provincial tamén prestará asesoramento a estes dous municipios en materia de recursos humanos. Logo de asinar o convenio de colaboración cos rexedores municipais, Gómez Besteiro explicou que “dotamos a estes Concellos de servizos que debido ó seu elevado custe eles por si sós non poden sufragar. Quédense con este dato: só facer un RPT nos 11 Concellos cos que subscribiremos o acordo suporá un custe para a Deputación de 500.000 euros. Ademais, estamos cumprindo os prazos nun tempo record. No mes de novembro anunciabamos que no primeiro trimestre do ano entraría en funcionamento este servizo e, nalgúns casos como o de Sarria, xa está moi avanzado”. Os recursos humanos supoñen un factor determinante na capacidade innovadora da xestión diaria da Administración Pública. A provincia conta con 5.286 empregados públicos nas entidades locais, pero tan só o Concello de Lugo e a Deputación dispoñen dun departamento de Recursos Humanos para xestionar este capital humano. Ademais, un terzo do persoal está pendente de regularizar. O acordo, que ten unha vixencia de dous anos prorrogándose ata un máximo de cinco, inclúe a realización de plans de ordenación de recursos humanos, a descripción dos postos de traballo dos seus traballadores, a confección de cadros de pesoal, tramitación da elaboración e aprobación a oferta de emprego pública, confección das convocatorias e bases de selección dos traballadores, así como asistencia e apoio para emprender procesos de negociaciación colectiva co fin de concertar acordos coas organizacións sindicais e cos representantes dos traballadores. O Presidente da Deputación tamén asinou con Melchor Roel e Alfredo Llano o protocolo de actuación para a instalación dun parque de xogos infantís nestas dúas localidades mariñanas. “A través da Unidade de Medio Ambiente queremos colaborar cos Concellos na dotación de material, o que suporá unha mellora dos espazos adicados ó medio ambiente e das condicións de vida dos cidadáns. Hai que ter en conta que o xogo é un elemento fundamental na formación tanto física como intelectual para os máis pequenos”. O orzamento da execución das dúas instalacións infantís ascende a 75.000 euros. Ampliación do Programa de Sucesión na Empresa Familiar O titular provincial clausurou este venres coa entrega de diplomas o Programa de Sucesión na Empresa Familiar impulsado polo INLUDES en colaboración coa Fundación Crea, e que se desenvolveu na Mariña de Luguesa. Gómez Besteiro destacou que “a sucesión é un dos asuntos máis importantes ó que deben enfrontarse as empresas familiares porque engloba, non só a dirección, senón a propiedade, sistema de goberno, modelo de xestión e un legado de valores que teñen que traspasarse de xeración en xeración”. Trátase dunha iniciativa pioneira entre as Deputacións de España creada e sufragada na súa totalidade pola Deputación de Lugo e coa que se busca o afianzamento das empresas familiares e emprendedores da zona norte da provincia. O máximo mandatario provincial anunciou que dado o éxito o INLUDES ampliará o Programa en 2009 á zona sur da provincia, o que suporá un investimento para a institución provincial de 60.000 euros. “Nos tempos que corren, este acto é moi importante para a Deputación de Lugo e, en especial, para A Mariña lucense. O feito de que o programa iniciase a súa andaina na Mariña luguesa non é unha casualidade: foi deseñado estratexicamente para relanzar a economía lucense e para que esta zona ocupe o lugar que merece”. No transcurso do acto, unha alumna presentou o seu proxecto de empresa. A este respecto, o responsable provincial destacou que “desde a Deputación temos un obxectivo claro: hai que imprimirlle a esta provincia o forte pulo socioeconómico que necesita. E nesta tarefa a nós non nos sobran socios. Nos nosos plans todos temos cabida e, sen vostedes, os empresarios, non podemos”. As pequenas e medianas empresas desenvolven un papel económico na provincia de Lugo. En total existen 24.600 pequenas e medianas empresas, das que arredor dun 30 % son familiares, e apenas un 15 % pasa a unha terceira xeración. “É nese cambio xeracional cando se detecta que se van producindo baixas e, en moitos casos, é por un escaso ou nulo asesoramento. Con iniciativas coma esta, e outras postas en marcha pola Deputación como o Fondo Extraordinario complementario do Fondo Estatal de Investimento Local, damos un salto cualitativo e cuantitativo. Na actualidade hai cursos para emprendores, pero olvidamonos das empresas que xa están funcionando. É bo crear empresas, pero tamén hai que ter en conta as que xa existen para conservar esos postos de traballo”, engadiou Gómez Besteiro. Visita institucional á Mariña Na visita á Mariña o Presidente da Deputación entrevistouse cos dirixentes de ABSA e con membros das confrarías de Burela e Celeiro. Os responsables destas entidades trasladáronlle ó máximo mandatario provincial as necesidades que ten o sector pesqueiro. A Confraría burelesa data de 1.923 e conta con 668 afiliados, dos que 77 son empresas e 591 traballadores. A flota dispón de 98 embarcacións que faenan en territorio nacional e europeo. Desde 1997 o seu labor é administrativo e asistencial. A lonxa está xestionada por Armadores S.A. e rexistra unhas transaccións que superan os 47 millóns de euros. No segundo caso, as instalacións portuarias teñen unha flota dun cento de embarcacións, a maioría adicadas á captura de pescada e bonito, e da súa actividade dependen máis de tres mil familias, en postos de traballo directos e indirectos. Así, a lonxa rexistra unhas transaccións anuais superiores ós 42 millóns de euros e a innovación no uso das artes pesqueiras, do manexo do pescado na alta mar e en terra, e de novas vías de comercialización, aseguran a pervivencia e fortaleza do sector nunha época de grandes problemas económicos. O máximo mandatario provincial tamén se desprazou ata Cervo donde percorreu as instalacións da empresa produtora de rodaballo, Acuidoro. Esta compañía consolidou o seu crecemento trala compra de Alevíns de Rodaballo de Galicia (ALROGAL), o maior criadeiro de rodaballos de Europa situado en Cervo. Este feito, xunto coa ampliación da súa planta de engorde nas instalacións da localidade mariñana, dan capacidade á empresa de producir case 1.400 toneladas de rodaballo ó ano. Na actualidade Acuidoro exporta para España, Portugal, Francia e Italia converténdose nunha das primeiras empresas de rodaballo de Galicia. Na actualidade dá traballo a 70 persoas. O ano pasado embarcouse na posta en marcha dunha nova unidade de producción de preengorde. A empresa demostrou nos últimos anos un alto nivel tecnoloxíco e científico. Malia que a súa produción se centra no rodaballo, na actualidade atópase inmersa na aventura de intensificar a reprodución e alevinaxe do linguado.