Deputación de Lugo

O Alcalde e o Presidente da Deputación presentan o proxecto da praza de San Marcos

Imaxe deputación de lugo
As obras de peonalización e axardinamento faranse con cartos do Plan Urban

O proxecto deseñado tamén suporá a apertura dos xardíns da Deputación Provincial O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentaron hoxe no Pazo Provincial o proxecto para a peonización da rúa San Marcos. O proxecto deseñado por Dopi Arquitectos Asociados SLP, Camina Ingeniería SL e Arborejardin SL prevé a creación dunha praza, un espazo axardinado e a apertura dos xardíns da Deputación. O Alcalde destacou que con este proxecto cumplese o obxectivo de “recuperar máis espazos públicos para as persoas” e asegurou que “dándolle vida ó centro da cidade vai ganar o conxunto de Lugo”. Tamén indicou que se fará o posible porque as obras sexan o menos molestas posibles e que se seguirá tendo en conta a opinión dos veciños e comerciantes da zona. O Presidente da Diputación salientou que cumplimos a débeda de abrir os xardíns da Deputación e convertelos nun verdadeiro espazo público, e converter á rúa San Marcos na Praza de San Marcos”. “Deste xeito, os veciños disporán dunha nova sala de estar como a da Praza Maior duns 8 mil metros cadrados” sinalou José Ramón Gómez Besteiro e engadiu “Alcalde, isto é un éxito co que logramos que Lugo sexa capital de vida. A proposta busca un espazo integrado entre as zonas de praza e de xardín, no que se incorpora ó conxunto urbano o perímetro circundante ó Pazo da Deputación, unha edificación representatriva de amplo impacto na cidade. Na praza prevese unha grande rampa de pendente suave para salvar o desnivel entre a rúa San Marcos e o acceso ó edificio da Deputación. Na zona central non haberá elementos de mobiliario urbano, para destacar a parte central da fachada da institución. A zona da esquerda converterase no espazo de estancia con árboles -que se alinearán en paralelo ó trazado da Muralla-, bancos e farolas. Á dereita está prevista a instalación de pequenas fontes de chorros verticais de auga situados entre un xogo de dados que sobresaen do pavimento. A emisión de auga das fontes poderase interrumpir de xeito que o conxunto de dados se convirta en mobiliario urbano. A pavimentación farase con lousas de granito, o mesmo material que se empregará no mobiliario urbano, que incorporará tamén madeira de carballo europeo tratado para exterior. A proposta de mobiliario completase con tres “marcos-expositores” de aceiro que servirán de soporte para carteis de actos e exposicións ademáis de catro mástiles para as bandeiras institucionais, evitando se instalen na fachada do Pazo de San Marcos. O proxecto inclúe a apertura dos xardíns da Deputación para o que se derrubarán as edificiacións anexas e dous muros lindeiros co Pazo Provincial de xeito que se creará un novo tramo da Ronda interior. Ademáis está previsto un sistema de recollida das augas pluviais que irán a un alxibe situado na parte traseira do Pazo Provincial e aproveitaranse para regar os xardíns. A iluminación farase con farolas con postes de aceiro e proxectores empotrados no chan mentres que o Pazo da Deputqación ilumínase cunha liña de proxectores empotrados no chan. No alumeado da zona empregaránse luminarias de baixo consumo con sistemas de regulación da luz nas horas de baixa utilización para aforrar enerxía e tamén se tivo en conta á hora de deseñar a iluminación evitar a contaminación lumínica. Ademáis de renovar o alumeado existete tamén está previsto o soterramento de todos os cables da rúa. A proposta reubica o grupo de contenedores soterrados e trasladaos ás proximidades da entrada na rúa dende a Praza do Ferrol, ó borde da zona arborada para facilitar o acceso dos vehículos de recollida do lixo. Tamén se proxectan espazos para a instalación de terrazas de verán dos locais de hostelería. O proxecto presentado hoxe ten un presuposto de 1.650.000 euros e vaise financiar con fondos do Plan Urban, que conta cun 70% de cofinanciación da Unión Erupea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemente Rexiional (FEDER). O prazo de execución é de seis meses aínda que na adxudicación da obra valorarase a reducción do prazo e a superficie sobre a que se vai actuar é de 8.000 metros cadrados.