Deputación de Lugo

A Deputación ofrece ós Concellos ó mantemento da rede de telecentros rurais

O organismo provincial decidiu voluntariamente continuar con este servizo logo de que rematase o convenio coa empresa pública Red.es

O Deputado da Área de Cooperación cos Concellos dixo que “non asumiremos os telecentros sen actividade porque sería un despilfarro de fondos públicos” Antonio Gato anunciou conversas cos Alcaldes na procura de xeralizar a toda a provincia este servizo “para reducir a fenda dixital” A Deputación manterá o servizo de telecentros rurais e estudará extendelo a todos os Concellos da provincia, logo de que rematase o convenio que este organismo asinou en 2004 coa empresa pública Red.es. O Deputado da Área de Cooperación cos Concellos sinalou que “estamos ante un novo exemplo de cooperación cos municipios da provincia, xa que a Deputación asume voluntariamente o custe deste servizo que, doutro xeito, deberían prestar directamente os municipios”. Gato destacou o interese da Deputación en manter este tipo de dotacións “co obxectivo de reducir a fenda dixital que existe entre as cidades e os núcleos rurais”. Neste senso anunciou que se contratará a unha nova empresa de telefonía para abaratar custes e “pecharanse aqueles telecentros nos que a actividade é nula ou practicamente inexistente xa que, doutro xeito, estariamos a despilfarrar fondos públicos”. Segundo os datos aportados polo responsable provincial, ó abeiro do convenio con Red.es abríronse 87 telecentros, pertencentes a 49 Concellos. A través dese acordo, “os municipios compremetíanse a facilitar uns locais axeitados e a mantelos abertos; pola súa banda, a Deputación debía financiar o 50% dos gastos de equipamento, mantemento e conectividade durante dous anos. A outra metade era aportada pola empresa pública”. Importante aforro Logo de facer un seguemento destes telecentros comprobouse que “nalgúns casos o índice de utilización era baixísimo ou mesmo inexistente. Por isto, decidimos deixar de prestar este servizo en 29, que son aqueles nos que hai una media inferior a un usuario ó día ou que incluso están pechados polo que non se xustifica este gasto. De seguir mantendo estes telecentros estariamos despilfarrado moitos recursos sen ninguha utilidade”. Coa nova fórmula que asume a Deputación “consgueremos un imporante aforro. Durante os primeiros anos do convenio o custe anual era 225.000 euros, pero esta cantidade foi incrementándose sensiblemente. Se prorrogásemos o convenio con Red.es este ano gastariamos 347.000 eruos. Sen embargo, coas medidas que adoptamos aforraremos uns 150.000 euros”. Xeralizarase a toda a provincia O Deputado dixo que o obxectivo do convenio asinado en 2004 con Red.es “era moi loable, aínda que non se xeralizou a todos os Concellos, algo que viñamos padecendo coa anterior Deputación, xa que 18 deles quedaron fóra e non tiñan no seu termo municipal ningún telecentro rural”. Anunciou que ó longo deste ano se manterán conversas cos Alcaldes destes municpios “co obxectivo de chegar algún tipo de convenio de colaboración para dotalos deste servizo”. Gato Soengas tamén avanzou que “en 2009 abriremos un diálogo cos Concellos que na actualidade teñen telencentros, en especial con aqueles que non teñen actividade para ver de buscar fórmulas de cooperación e financiamento compartida. É evidente que os Concellos deben tomar cartas no asunto e preocuparse de que estes telecentros teñan actividade”. Telecentros rurais