Deputación de Lugo

A SOBERANÍA ESTÉTICA CENTROU A CHARLA DE ENCARNA OTERO

Imaxe deputación de lugo
O 90º aniversario da asamblea nacionalista de Lugo conmemórase cun ciclo de conferencias organizadas pola área de cultura da deputación

O ciclo de conferencias A Galiza das Irmandades: Unha perspectiva actual, pretende achegar luz sobre a esta etapa histórica de Galiza. Encarna Otero falou, na deputación de Lugo, sobre A Soberanía Estética. A charla de E. Otero xirou entorno á importancia de conservar e potenciar todos aqueles elementos arquitectónicos e territoriais que definen e identifican a estética xeográfica de Galiza. A importancia de respectar, nos modelos de desenvolvemento territorial e nos plans de ordenación, a conformación das edificacións. Estes aspectos xa os recollían as irmandades da fala no manifesto asinado en Lugo o 18 de novembro de 1918 no artigo VII no que falaban dos aspectos artísticos e proclamaban da sobenaría estética da Nazón Galega. Segundo os asinantes do manifesto do 1918 a soberanía estética debe de imperar sobre as edificacións urbanas e rurais axeitando o estilo da construción ao estilo das vilas e cidades galegas. O 90ª aniversario da Asamblea Nacionalista centrará as xornadas que levan por título, A Galiza das Irmandades: unha perspectiva actual. Nestas xornadas que se levarán a cabo desde o mes de novembro até o de xaneiro do 2009 poñerase de manifesto a vixencia do ideario nacionalista asinado no ano 1918. Con este acto organizado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) quere darse a coñecer unha etapa histórica de Galiza e un fito histórico que supuxo o nacemento do nacionalismo moderno e da historia do noso país. O manifesto nacionalista asinado en Lugo no 1918 é de grande importancia, porque rexistra o maior punto de inflexión da historia do galeguismo político. Publicado no seu día como Manifesto ao Pobo Galego e distribuído en forma de folla solta , recolle, os acordos da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala. Tales acordos asinados fai 90 anos, no Hotel Méndez Núñez, da cidade de Lugo representan o cerne e o xermolo do Nacionalismo Galego, movemento político que se atopa.