Deputación de Lugo

A Deputación subraia as vantaxas do Rexistro de Licitadores

Imaxe deputación de lugo
7 empresas xa formalizaron a súa inscrición neste Rexistro que permite axilizar as contratacións da institución provincial

Sete empresas xa formalizaron a súa inclusión no Rexistro de Licitadores que puxo en marcha a Deputación o 1 de xaneiro deste ano. Tal e como anunciara o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a creación deste Rexistro supón importantes vantaxas, tanto para o organismo provincial como para os licitadores. Por unha banda, permite axilizar a participación das empresas nas contratacións públicas da administración local en toda a provincia e reducir os tempos necesarios para levar á práctica as obras, plans, actividades e outras iniciativas promovidas por esta institución, mellorando a calidade dos servizos prestados pola administración local e levando a cabo unha xestión máis eficaz e eficiente dos recursos públicos. Ademais a inscrición no Rexistro supón un aforro para os licitadores, xa que non están obrigados a repetir a xustificación documental necesaria en cada contrato licitado. Esto tamén facilita o traballo da Mesa de Contratación que, deste xeito, axiliza considerablemente a fase de comprobación documental das ofertas recibidas. Para rexistarse, os empresarios deberán cubrir un modelo de solicitude publicado non BOP do 30 de decembro de 2008, que tamén está publicado na páxina web da Deputación, e aportar a documentación necesaria para calquera contrato. Unha vez feitas as correspondentes comprobacións, pasarán a formar parte do devandito Rexistro. O prazo de inscrición permanecerá aberto ó longo de todo 2009 e en anos sucesivos. Principais características do Rexistro 1º.- O Rexistro facilita o acceso dos licitadores á contratación coa Deputación Provincial, os seus organismos autónomos e dos Consorcios dos que forme parte o organismo provincial. Pero ademais, e dentro da política de Cooperación cos Concellos, este servizo tamén está a disposición de todos aqueles municipios que queiran adherirse. 2º.- Afectará a todo tipo de contratos administrativos: obras, servizos, subministracións, concesión de obras públicas, xestión de servizos públicos, colaboración entre o sector público e privado ou mixtos, así como ós contratos de carácter privado que en ausencia de normas administrativas específicas, se rexan pola Lei de Contratos do Sector Público. 3º.- A inscrición no Rexistro de Licitadores non ten carácter obrigatorio senón voluntario. Tanto a inscripción como a súa renovación e a expedición de certificacións son totalmente gratuítas. Sen embargo, o feito de non estar inscritos no Rexistro de Licitadores non supoñerá ningún inconvinte á hora de concorrer ós procedementos de contratación. Estas empresas tan só deberán achegar a documentación polo procedemento habitual.