Deputación de Lugo

A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

A Deputación, pendente da licenza de Barreiros, destina 1.300.000 euros á adquisición de material para o parque de Barreiros

A institución provincial está a investir máis de 16 millóns de euros en diversas actuacións na Mariña: convenios de roza e recursos humanos, Programa de Sucesión na Empresa, parque de bombeiros, proxecto da Pontenova, Km0, TDT, recadación provincial etc. SUPLUSA acomete a área industrial de Riotorto por un valor de 1,5 millóns de euros 500 familias beneficiaranse do micro-reemisor que a Deputación instalará no Monte Cornería, en Barreiros, e que mellorará a implantación da TDT na Mariña O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe na Mariña que a Xunta de Goberno provincial aprobará este venres a contratación de material para os cinco parques provinciais de bombeiros: Sarria, Barreiros, Chantada, Vilalba e Viveiro, por valor de 3 millóns de euros. O máximo mandatario provincial, que visitou as instalacións do parque barreirense e estivo acompañado pola Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e os Alcaldes de Barreiros e Foz, Alfonso Fuente Parga e José María García Rivera, cualificou de “caixón baleiro” o parque de Barreiros ó tempo que explicou que dos 3 millóns previstos para os parques provinciais, 1.300.000 euros, serán para o municipio mariñano. Este venres iniciarase o procedemento para a contratación de diverso equipamento: CantidadeLicitaciónsPrezo Unitario con IVE1VEHÍCULO DE RESCATE EN ALTURA555.000,00 €1VEHÍCULO URBANO LIXEIRO (BUL)244.687,00 €1VEHÍCULO DE MANDO TODO-TERREO35.000,00 €1EQUIPAMENTO ESTÁNDAR PARA O PARQUE236.600,00 € Ademais, na Xunta de Goberno da Deputación da vindeira semana aprobaranse os pregos para a adquisición do equipamento necesario para a bomba nodriza de Barreiros por 33.200 euros e iniciarase a contratación das obras de adecuación das instalacións do parque por valor de 30.000 euros. “Trátase de adecuar e eliminar aqueles defectos provocados polo paso de tempo ou pola falta de uso das instalacións, que levan anos pechadas. Esta non é a única actuación da Deputación na Mariña. En total, investimos máis de 16 millóns de euros nesta zona: convenios de roza e recursos humanos, parques de bombeiros, Programa Sucesión na Empresa, Km0, TDT, sistema de recadación, proxecto da Pontenova, etc.” O responsable provincial destacou que as obras da infraestrura mariñana non comezarán ata que o Concello conceda a licenza. Anunciou, ademais, que o Consello da Xunta aprobará este xoves o Consorcio Provincial de Bombeiros de Lugo, de tal xeito que o vindeiro luns terá lugar na Deputación a primeira reunión deste órgano. “Deste xeito queda operativo o Consorcio, co que saldamos unha das principais débedas históricas que tiña contraída a anterior Deputación cos veciños desta provincia e que afecta a un asunto de primeira orde: a seguridade”. O rexedor municipal destacou que “o feito de que o Presidente estea hoxe aquí anímanos porque significa que se lle vai dar para diante ó parque de bombeiros. É unha boa noticia e estamos todos en disposición de resolvelo”. Pola súa banda, o seu homólogo en Foz subliñou que “se trata dunha obra vital para a comarca. Ata o de agora atendemos as continxencias con medios caseiros e estámoslle moi agradecidos ó Presidente, que está un día sí e outro tamén coa Mariña”. Adquisición terreos Riotorto O Presidente da Deputación visitou oficialmente por primeira vez o Concello de Riotorto no que a Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) acometerá a área industrial na zona de Vilarín, no lugar das Rodrigas. SUPLUSA procedeu xa á redacción do Plan de Sectorización do solo apto para urbanizar. Gómez Besteiro destacou que “imos desenvolver unha superficie total de 106.214 m2, situados nas inmediacións das Rodrigas, ás dúas marxes da estrada provincial que une este núcleo con Augaxosa. Esta actuación terá un custe de 1.437.414 euros financiados integramente pola Sociedade”. A Área industrial disporá de 53.595 m2, adicados a parcelas industriais; os espazos libres e zonas verdes ocuparan unha superficie de 23.893 m2 que mellora amplamente os mínimos esixidos pola Lei do Solo. Quedan previstos para a súa cesión o Concello, 2.154,50 m2 de equipamentos deportivos; 1.077,25 m2 de equipamento social e 1.077,24 m2 para comercial. O Alcalde deste Concello, Federico Guitiérez Estoa, subraiou que “esperamos poder saldar a débeda histórica. O declive económico e demográfico débese á falla de solo industrial e boas comunicacións”. Gómez Besteiro sinalou que as vías provinciais deste Concello tamén melloraron notablemente. “Cando nós chegamos non estaban feitas as expropiacións e isto é importante porque sen o proceso expropiatorio nin consignación presupostaria estas obras son papel mollado”. TDT A Deputación, consciente da importancia que teñen as novas tecnoloxías, cooperaá cos Concellos da provincia para a implatación da Televisión Dixital Terrestre. Nos Concello de Barreiros, Foz e Lourenzá hai problemas de cobertura en varios núcleos de poboación que se solventará co micro-remisor que a Deputación vai instalar no Monte Cornería e que beneficará a 500 familias. “Este é un gasto co que deben correr os municipios pero que asumimos desde a Deputación porque, como saben, a Cooperación cos Concellos e, polo tanto, cos veciños é a nosa razón de ser. Na Deputación apostamos por acometer parques industriais naqueles lugares ós que non chega a Xunta de Galicia, complementando a acción de goberno de Emilio Pérez Touriño e evitando duplicar os entes”. No Concello de Barreiros un 2,1 % dos núcleos de poboación non teñen acceso á TDT. Estamos a falar de veciños e dá igual cal sexa o seu número porque todos os lucenses temos dereito a disfrutar dos mesmos servizos e prestacións, vivamos onde vivamos. En Foz, teñen problema de cobertura o 23,2 % e en Lourenzá, o 8,8%. Roza estradas e recursos humanos En 5 días o Presidente da Deputación asinou os primeiros convenios da roza do 2009 con 3 Concellos da Mariña: Viveiro, Burela e hoxe Riotorto. Neste caso xa se sumou o ano pasado e volve repetir. O resultado deste plan provincial foi tan positivo que, ós 21 municipios que participaron en 2008, sumanse este ano 25 Concellos máis, é dicir, duplicouse o número. Riotorto acometerá a xestión dos 56,5 quilómetros de vías de titularidade provincial para o que recibirá 9.948 euros máis. “Se beneficiamos ós Concellos da provincia, estamos a beneficiar ós seus veciños, é dicir, somos útiles. Isto demostrámolo con feitos: hai escasos días o Alcalde de Riotorto recibía da Deputación os cartos que complementan o xa coñecido como “Fondo anticrise”, o Fondo de Inversión Local posto en marcha polo Goberno de España para os concellos coa fin de fomentar o emprego (11.206 euros). Riotorto tamén se beneficia do novo sistema de Recadación Provincial e do Plan provincial de pequenas infraestruturas en Concellos con menos de 5.000 habitantes (14.658 euros, que supón o 70% da obra proposta: adecuación de espazos públicos en Vilar de Santiago, Galegos e Riotorto)”. O Concello de Barreiros é a primeira vez que se suma a esta iniciativa. Neste caso estamos a falar de 45 quilómetros de vías provinciais e 8.054 euros. A Deputación tamén prestará asesoramento en materia de recursos humanos ó municipio barreirense. Neste caso, Gómez Besteiro explicou que “o caso de Barreiros é especialmente complexo. Este municipio ten 70 traballadores, dos que 3 son funcionarios. Esta é unha situación anómala e única na nosa provincia que, e todos coincidimos, é necesario regularizar”. Ó igual que nos 11 Concellos que se suman ó convenio, a Deputación realizará unha Relación de Postos de Traballo pero, ademais, os nosos servizos técnicos tamén farán unha Valoración dos Postos de Traballo. Todo isto vai supoñer que a asistencia en materia de persoal por parte da Deputación ó Concello de Barreiros superará os 50.000 euros.