Deputación de Lugo

Éxito de difusión da Gala Lvcvs Moda

A segunda gala da moda lucense é un dos temas que tratarán os programas de maior audiencia en Tele 5 e TVE, é o caso de “Corazón Corazón”, “Sálvame” ou “El programa de Ana Rosa” A axencia de noticias Europapress TV xa remitiu as imaxes do evento a 214 clientes, para a súa emisión en espazos da Sexta, Cuatro e Antena 3As revistas Glamour e Cuore amosaron o seu interese por publicar información da Gala Lvcvs Moda nos seus vindeiros númerosPara atopar máis información e imaxes da Gala, pinchar aquí

A Gala Lvcvs Moda que Deputación e Concello de Lugo celebraron este xoves no Círculo das Artes da capital coa presenza de máis de 600 persoas, está acadando unha ampla difusión mediática. A participación de Victorio&Lucchino, -padriños do evento que foron nomeados embaixadores da cidade lucense-, Lucía Pérez, -artista lucense que recibiu a Insignia de Ouro da provincia-, a actriz María Castro, así como a de 6 deseñadores e 14 artesáns lucenses, está a causar o interese de medios de comunicación de toda España.

A segunda gala da moda lucense é un dos temas que tratarán os programas de sociedade de maior audiencia en canles como TVE e Tele 5, é o caso de hoxe en “Corazón Corazón”, e a vindeira semana, segundo confirmaron as dirección dos espazos, en “Sálvame” ou “El Programa de Ana Rosa”. A axencia de noticias Europapress TV xa remitiu ademais as imaxes a 214 clientes, para a súa emisión en espazos da Sexta, Cuatro e Antena 3.

Técnicos da Fundación TIC e alumnos da Escola de Imaxe e Son encargáronse da grabación do evento na súa toalidade. Isto fixo posible que o Centro de Contenidos (CTC), -empresa pioneira e líder no sector de distribución audiovisual para TDT en España-, incluise a Gala Lvcvs Moda entres as súas máis de 5.000 horas de programas. Deste xeito, 40 canles de televisión de todo o país poderán difundir o evento. Trátanse de: Telelugo, GTM Murcia, Oviedo TV, TCYL (Valladolid), Aqui TV (Cantabria), Canal Antena Cáceres, Tele Huesca, ZTV (Zaragoza), Canal Fuengirola, Canal Localia Coruña, Canal Localia Pontevedra, Canal Localia Vigo, Canal Luz Huelva, Cana 4 (Navarra), Canal La Comarca TV (Teruel), Cablemel TV (Melilla), Cancionero TV (Córdoba), Teledonosti (San Sebastián), 10 TV (Asturias), TVR (Rioja), Canal Bilbovisión (Bilbao), Canal D`EIVISSA I FORMENTERA, Albacete TV, Canal Nuevo TV (Canarias), TeleSalnés (Pontevedra), Onda Radio Navia (Luarca), Levante TV, Información TV (Alicante), Málaga TV, Canal 21 La Opinión (Granada), Canal Producciones Conquenses de TV (Cuenca), Correos TV (Santiago), Telesevilla, Canal TEA TV Pontevedra, RTV Insular Canaria, Canal La Verdad Radio Tv, Onda Azul Málaga RTVM, Canal Luz Sevilla, Canal TMV Valencia, e Popular Tv.

Pola súa banda, revistas de moda como Woman ou Cuore tamén amosaron o seu interese por publicar información ó respecto nos seus vindeiros números.