Deputación de Lugo

Continúan este domingo as actividades de Lugoteando no río Miño

Ducias de persoas fixeron esta mañá wakeboard cubrindo a cota de prazas dispoñibles do orixinal programa da Deputación Máis de 50 persoas participaron nas Noites Máxicas do sabádo que incluíron paseo en catamarán, espectáculo de ilusionismo e degustación de pinchos As actividades no Miño continuarán os días 21, 22, 28 e 29 de maio e o 4 e 5 de xuño. Para inscribirse hai que chamar ós números 982.12.00.64 ou 609.90.32.11

A Deputación segue a desenvolver este domingo as actividades de Lugoteando no río Miño o seu paso pola capital lucense. Esta mañá tivo lugar outra exitosa xornada de wakeboard. En total, 100 persoas cubriron a cota de prazas dispoñibles de dita actividade na 1º fin de semana que a cidade acolle o programa de ocio ecolóxico do organismo provincial.

A oferta para esta tarde inclúe: bolas e bananas acuáticas para flotar sobre a auga; os sea-scooter para mergullarse como golfiños; rutas pola ribeira dirixidas por expertos en bioloxía; xogos infantís acuáticos; paddle surf, que tonifica todos os músculos ó remar a bordo de táboas de surf, e wakeboard, unha combinación entre esquí acuático e snowboard na que hai manter o equilibrio sobre unha táboa; paseos en batuxo –antigas barcas de madeira hoxe moi difíciles de ver- e circuítos por terra en monopatíns eléctricos. Son actividades para persoas de todas as idades cuxo prezo é de 5 euros.

A capital lucense, e concretamente o río Miño, será de novo escenario de Lugoteando os días 21, 22, 28 e 29 de maio e o 4 e o 5 de xuño. Na Costa, as xornadas terán lugar en xuño: os días 11 e 12 Foz; 18 e 19 en Burela, e 25 e 26 en Ribadeo. Celebraranse en quendas no horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.

Éxito das Noites Máxicas

A pasada noite, máis de 50 persoas participaron na 1º velada das Noites Máxicas que incluíu un romántico paseo en catamarán, espectáculo de ilusionismo e degustación de pinchos. O gran interese que está a suscitar a modalidade de Ligoteando fixo que xa se inscribise xente de diferentes puntos da provincia lucense, así como da Coruña, Ferrol, Santiago e Pontevedra.

As actividades e datas de Ligoteando son as seguintes:


- Paseos Chill Out: travesía en catamarán amenizada por un Dj con música chill out, pinchos e degustación dun cóctel elaborado con produtos autóctonos da provincia. Días: 27 de maio e 4 de xuño. Prezo: 15 euros.
- Noites Máxicas: paseo en catamarán cun espectáculo de ilusionismo e maxia, máis degustación de pinchos. Día: 21 de maio. 15 euros.
- Paseos Románticos en batuxo: experiencia de 30 minutos nun batuxo tradicional no que a parella gozará dun paseo polo Miño, conducida por un remeiro, e degustará un cóctel de produtos autóctonos. Días: 20 e 28 de maio. Prezo: 10 euros

Como inscribirse

Os interesados en participar no programa de ocio ecolóxico poden inscribirse chamando ó 982.12.00.64 ou 609.90.32.11, ou ben facelo na propia localización das actividades, antes de comezar, o que non garante que haxa vacantes. O pago das cotas de inscrición poderase efectuar previamente na conta bancaria de Banesto: 0030-7060-30-0298064273 co concepto Lugoteando, ou antes de cada actividade. Pódese obter máis información en: www.deputacionlugo.org ou www.lugo.es ou chamando ó teléfono de información municipal 010 do Concello de Lugo. No caso dos menores de idade, deben presentar unha autorización asinada dos pais ou titores, que poden descargar nas web.