Deputación de Lugo

A Deputación organiza un curso gratuíto e homologado sobre transporte de animais vivos na Granxa Gayoso Castro

Imaxe deputación de lugo
A xornada, que terá lugar dende o 27 de xuño ó 1 de xullo, permitirá ós seus participantes lograr, sen custe, o permiso necesario para adicarse profesionalmente a esta actividadeO curso inclúese dentro da programación coa que a institución está a reforzar a labor formativa da Granxa e na que participaran, ata o momento, máis de 40 persoas8 exemplares de raza rubia galega recriados nas instalacións chairegas e pertencentes a ACRUGA, formarán parte da poxa que este sábado acolle a localidade de Adai, en O Corgo

A Deputación organiza o curso “Modulo xeneral: Benestar Social”. Trátase dunha xornada totalmente gratuíta, que se celebrará dende o 27 de xuño ó 1 de xullo nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. Ademais de non supor custe algún xa que está financiada ó 100% pola institución provincial, outra das súas vantaxes é que está homologada, permitindo ós seus participantes lograr o permiso para transportar animais vivos.

O curso inclúe clases teóricas e prácticas nas que se abordará dende cuestións lexislativas ata sanitarias como o emprego de desinfectantes. Os seus docentes, profesionais do sector, son: Antonio Iglesias Becerra, Jesús Canatalapiedra, Ángel Romasanta Blanco e Pablo Piñeiro Fraga. Pola de agora, máis de 30 persoas xa solicitaron a súa praza logo de chamar ó 982-22-78-12.

Esta iniciativa inclúese dentro da programación de cursos gratuítos, dirixida a traballadores da gandeiría e agricultura, así como a estudantes de disciplinas relacionadas, posta en marcha polo organismo provincial para reforzar a labor de formación na Granxa Gayoso Castro co obxectivo de favorecer a rendibilidade, desenvolvemento e sostibilidade da actividade agrogandeira, fundamental na economía da provincia.

Máis de 40 persoas participaron xa nas dúas primeiras xornadas celebradas ata entón. Foron “Enerxía Renovables: aplicación en explotacións gandeiras” na que se abordou o aforro de custes nas explotacións mediante o emprego de paneles solares ou enerxía fotovoltaica; e “Agricultura e gandeiría ecolóxica” onde membros do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica –CRAEGA- explicaron o futuro e as oportunidades económicas deste sector que, actualmente, exporta o 90% dos seus produtos a Unión Europea debido a súa excelente calidade.

Logo de “Modulo xeneral: Benestar Social”, a Deputación celebrará, dende o 12 ó 16 de setembro, “Actividades alternativas á agricultura e gandeiría: apicultura, helicicultura, lombricicultura, produción de setas, castañas ou cogomelos...”. Ademais, dende o 17 ó 21 de outubro, a Granxa Gayoso Castro acollerá o curso “Riscos Laborais”.

Concurso de gando en Adai

Mentres o organismo provincial continúa coas obras do 1º centro de recría público en España de gando frisón, a maiores de co desenvolvemento da mencionada programación formativa, segue, ademais, a recriar exemplares de raza rubia galega do colectivo ACRUGA nas instalacións chairegas. Precisamente, 8 destas cabezas serán subastadas na 79º poxa que se celebrará mañá en Adaia (O Corgo).

O vínculo de ACRUGA coa Deputación de Lugo comezou hai tres anos cun acordo que se establece que a Asociación deposita un número de novillas nas instalacións provinciais para expandir a raza. As reses cómpranse ós gandeiros e logo véndense a outros puntos de España.

A actividade deste entidade baséase: na promoción da raza, a través da celebración dos concursos nacional e rexional, na participación en exposicións internacionais con presenza dun número importante de animais e unha forte promoción informativa da raza para cruzamento industrial a nivel nacional e internacional, facilitando material xenético en países como Alemaña e Portugal, e edición de documentación técnica.