Deputación de Lugo

Celebradas as eleccións sindicais na Deputación

O Pazo de San Marcos acolleu este venres a celebración das eleccións sindicais nas que se elixiron ós órganos de representación no Comité de Empresa e na Xunta de Persoal de todos os traballadores da institución luguesa.

Un total de 531 persoas estaban chamadas ás urnas. Destes, 377 son funcionarios encargados da elección dos representantes na xunta de persoal e 154 traballadores laborais para os do Comité de Empresas que, a súa vez, se subdividen en: 82 do colexio técnicos e administrativos e 72 do colexio de especialistas e non cualificados.

Os votantes escolleron a 13 membros sindicais para a Xunta de Persoal e 9 para o Comité de Empresa (5 en representación de especialistas e non cualificados e 4 de técnicos e administrativos). Deste xeito, presentaron as súas candidaturas, CIG só para a Xunta de Persoal, mentres CC.OO, UXT e CISF fixérono para todos os casos.

Resultados dos comicios

A xornada, que se desenvolveu dende as 8:00 horas e ata as 17:00 horas, tivo o seguinte resultado:
- Comité de empresa: Dos 9 delegados, 5 correspondéronlle a UXT logrando a maioría absoluta, 3 CC.OO e 1 a CSIF.
- Xunta de persoal: Dos 13 delegados, 8 son para UXT tamén logrando maioría absoluta, 2 para CSIF, 2 CC.OO e 1 CIG.

Deste xeito, os representantes sindicais son:
- COMITE DE EMPRESA (MESA DE ESPECIALISTAS E MESA DE TÉCNICOS):
José Domínguez Fernández (UXT-técnicos)
José Miguel Traseira González (UXT-técnicos)
Francisco Javier Rodríguez Carrasco (UXT-técnicos)
Humberto Paz Rodríguez (UXT-especialistas)
Manuel González Fernández (UXT-especialistas)
Félix Rodríguez Palacios Lagarón (CC.OO-técnicos)
Manuel Gil Otero (CC.OO-especialistas)
Nahum Reija Iglesias (CC.OO-especialistas)
Gonzalo Rodriguez Ferriro (CISF-especialistas)

- XUNTA DE PERSOAL (FUNCIONARIOS):
Ana María Longarela (UXT)
Carlos López Vilela (UXT)
Valentín Lago González (UXT)
Julian Insua López (UXT)
Alfonso Fernández Alonso (UXT)
Marta Alameda López (UXT)
José Claudio López López (UXT)
María Asunción Pérez Vázquez (UXT)
Xoán Ramiro Cuba (CIG)
José Manuel Cebral Varela (CC.OO)
José Núñez Beloy (CC.OO)
María José Castro Darriba (CSIF)
Antonio González Chaín (CSIF)

A participación foi a seguinte: votaron 327 funcionarios (86,73%); 70 técnicos e administrativos (85,36%) e 64 especialistas e non cualificados (86,01%). En total, das 531 persoas convocadas participaron 461 (86,81%).

Eleccións 2007

Os comicios sindicais na Deputación teñen lugar cada 4 anos. Na última convocatoria, que tivo lugar en 2007, UXT logrou a maioría absoluta no Comité de Emprega pero non na Xunta de Persoal. Nesta ocasión, na que o número de representantes sindicais elixidos era maior xa que tamén o era o de traballadores ó depender da institución provincial o persoal dos hospitais San Xosé e San Rafael, os resultados foron os seguintes:

- Comité de empresa: a central uxetista logrou a maioría absoluta con 7 delegados; 3 correspondéronlle a CSIF, 2 a CC.OO e 1 A CIG.
- Xunta de Persoal: UXT tivo 5 delegados; CISF 3, CIGA 3 e CSIF 2.

Nesta ocasión, a participación dos traballadores laborais foi do 86,04%, fronte ó 85,29% dos funcionarios.