Deputación de Lugo

40 persoas enchen a cota de prazas do curso sobre transporte de animais vivos da Granxa Gayoso Castro

O éxito da xornada organizada pola Deputación débese a súas vantaxes: de xeito totalmente gratuíto, acádase o permiso para adicarse profesionalmente a esta actividadeO curso, que se iniciou hoxe e se prolongará ata o 1 de xullo, inclúese na programación gratuíta dirixida a gandeiros, agricultores e estudantes de disciplinas relacionadas

40 persoas enchen a cota de prazas dispoñibles do curso sobre transporte de animais vivos que organiza a Deputación nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. O éxito de acollida desta iniciativa débese as súas vantaxes: é totalmente gratuíto xa que a institución provincial asume a seu financiamento ó 100% e está homologado, é dicir, os seus participantes lograrán, sen custe algún, o permiso para adicarse profesionalmente a esta actividade.

A xornada, que comezou a desenvolverse hoxe e se prolongará ata o 1 de xullo, inclúe clases teóricas e prácticas nas que se abordan dende cuestións lexislativas ata sanitarias como o emprego de desinfectantes. Os seus docentes, profesionais do sector, son: Antonio Iglesias Becerra, Jesús Canatalapiedra, Ángel Romasanta Blanco e Pablo Piñeiro Fraga. Pola de agora, máis de 30 persoas xa solicitaron a súa praza logo de chamar ó 982-22-78-12.

Esta iniciativa inclúese dentro da programación de cursos gratuítos, dirixida a traballadores da gandeiría e agricultura, así como a estudantes de disciplinas relacionadas, posta en marcha polo organismo provincial para reforzar a labor de formación na Granxa Gayoso Castro co obxectivo de favorecer a rendibilidade, desenvolvemento e sostibilidade da actividade agrogandeira, fundamental na economía da provincia.

Máis de 40 persoas participaron xa nas dúas primeiras xornadas celebradas ata entón. Foron “Enerxía Renovables: aplicación en explotacións gandeiras” na que se abordou o aforro de custes nas explotacións mediante o emprego de paneles solares ou enerxía fotovoltaica; e “Agricultura e gandeiría ecolóxica” onde membros do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica –CRAEGA- explicaron o futuro e as oportunidades económicas deste sector que, actualmente, exporta o 90% dos seus produtos a Unión Europea debido a súa excelente calidade.

Logo de “Modulo xeneral: Benestar Social”, a Deputación celebrará, dende o 12 ó 16 de setembro, “Actividades alternativas á agricultura e gandeiría: apicultura, helicicultura, lombricicultura, produción de setas, castañas ou cogomelos...”. Ademais, dende o 17 ó 21 de outubro, a Granxa Gayoso Castro acollerá o curso “Riscos Laborais”.