Deputación de Lugo

Besteiro manifesta a 'máis contundente condena' ó atentado contra a casa natal de Manuel Fraga en Vilalba

Imaxe deputación de lugo
O Presidente salientou que “agora que vamos cara o fin de ETA, carece, aínda máis se cabe, de sentido común este tipo de accións. Confiamos cegamente no labor do Goberno Central, nas forzas de Seguridade do Estado e nos xuíces e tribunais. Facemos unha aposta definitiva, como se está a facer en todo o país, pola paz e a libertade de expresión”Axentes da Garda Civil, da Policía Xudicial e dos Tedax manteñen pechada a zona mentres buscan mostras do atentado que ningún grupo violento reivindicou ata o momentoNos últimos meses, colectivos independentistas radicais situaron artefactos explosivos en sedes do PSOE e do PP en Galicia, provocando cuantiosos danos materias

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, repulsou este luns o atentado cometido contra a casa natal do fundador do Partido Popular e titular do Goberno galego entre 1990 e 2005, Manuel Fraga Iribarne.

Gómez Besteiro trasladou a súa “máis contundente condena” á explosión esta madrugada dun artefacto de fabricación caseira ás portas da residencia do popular que ocasionou danos materiais nesta e noutras vivendas colindantes. O titular provincial salientou que “agora que vamos cara o fin de ETA, agora que vamos pasando páxina á violencia en España, carece, aínda máis se cabe, de sentido común este tipo de accións. Confiamos cegamente no labor do Goberno Central, nas forzas de Seguridade do Estado e nos xuíces e tribunais que sentenciarán este tipo de comportamentos que todos rexeitamos. Facemos unha aposta definitiva, como se está a facer en todo o país, pola paz e a libertade de expresión”.

A casa natal de Fraga converteuse nun Fundación e, despois de máis dun ano en obras, estábanse a acometer as últimas actuacións de rehabilitación para abrila ó público este vindeiro venres. O artefacto foi situado no porta de entrada do inmoble, afincado na céntrica rúa da Pravía. Segundo fontes da Subdelegación do Goberno, axentes da Garda Civil, da Policía Xudicial e dos Tedax manteñen a zona pechada mentres buscan mostras sobre o terreo. Polo momento, ningún grupo violento reivindicou o atentado. Tampouco hai constancia, segundo fontes municipais, de ningún tipo de malestar pola próxima apertura da Fundación Fraga.

Nos últimos meses, rexistráronse outras explosións de artefactos en sedes de distintos partidos políticos, vinculados co contorno de colectivos independentistas radicais. Son os casos do acontecido nas oficinas do PSOE na Estrada (o 16 de setembro) e do PP en Ordes (no mes de xuño). En ambos os dous casos, producíronse cuantiosos dano materiais.