Deputación de Lugo

A Deputación convida ó Conselleiro de Medio Rural a visitar as obras do Centro de Recría logo do rexeitamento de Feijóo

Lara Méndez enviou hoxe unha carta a Samuel Juárez, sendo a 8º vez que a institución solicita á Xunta a súa implicación neste proxecto de gran importancia para a Comunidade ó tratarse da administración galega con competencias directas no medio rural A Vicepresidenta Segunda fixo este anuncio durante a inauguración das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite que celebra a cooperativa Seragro na Facultade de Veterinaria de LugoAs obras do Centro de Recría, dotadas de 12 millóns financiados na súa totalidade pola Deputación, avanzan a moi bo ritmo, tendo listas as 13 naves de recría no mes de febreiro

A Vicepresidenta Segunda e responsable do INLUDES, Lara Méndez López, enviou este xoves unha carta ó Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez Casado, convidándoo á visitar as obras do 1º centro de recría de gando vacún público en España que constrúe o organismo provincial nas instalacións da Granxa Gayoso Castro, investindo de xeito solitario 12 millóns de euros. Este novo escrito remítese logo de que o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, declinase a invitación do organismo provincial o pasado 19 de outubro, delegando este asunto en Juárez Casado.

Trátase da 8º ocasión na que a Deputación solicita ó Goberno galego, administración con competencias directas en medio rural en Galicia, un encontro para abordar o que é o proxecto gandeiro máis revolucionario levado a cabo nas últimas décadas na Comunidade, ó tratarse dunha infraestrutura que triplica a capacidade de recría de gando vacún existente no territorio galego. As 3.000 novillas que acollerá o centro permitirá ós gandeiros galegos aforrar miles de custes ó non ter que recriar as súas reses fóra de Galicia.

A anterior carta enviouse en outubro, data na que o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, solicitou, naquela ocasión por 7º vez, un “encontro inaprazable” con Feijóo para coñecer a postura do Goberno galego ó respecto do Centro de Recría. Neste escrito, Besteiro poñíase a disposición de Feijóo, salientando a “independencia” do lugar onde se celebrase a reunión co obxectivo de “desbloquear asuntos específicos da Xunta na provincia de Lugo e temas estratéxicos para o desenvolvemento económico-social”. Recentemente, o Gabinete de Presidencia da Xunta respostou, sendo a primeira vez que o Goberno galego atende ás peticións da Deputación a este respecto, asegurando que lle facía chegar a invitación ó Conselleiro de Medio Rural.

Máis de 2 anos de demora

A institución luguesa leva 2 anos e medio demandando ó Executivo galego este encontro. Besteiro enviou a Feijóo a primeira carta o 21 de abril de 2009 sen obter resposta algunha. O titular provincial remitiulle outros 2 escritos o 2 de setembro e o 24 de setembro dese mesmo ano, logrando o mesmo nulo resultado. En novembro de 2009, aproveitando a única cita entre ambos os dous mandatarios para abordar, exclusivamente, a situación dos hospital San Rafael e San José, o Presidente da Deputación entregoulle ó Presidente da Xunta un amplo dossier informativo no que xa lle avanzaba as necesidades da provincia lucense, entre elas o Centro de Recría, e lle insistía na necesidade desta cita para abordalas conxuntamente canto antes. A Xunta tampouco respostou ós escritos remitidos o pasado 5 de xullo de 2011 e o 16 se setembro, cando Besteiro convidou persoalmente a Feijóo a visitar as obras do Centro de Recría. O pasado mes de setembro, o titular provincial aproveitou a visita do titular autonómico a Lugo con motivo do inicio das obras do auditorio para lembrarlle a cita pendente.

Unión entre administracións

Lara Méndez deu conta do envío desta última carta durante a inauguración das Xornadas Técnicas de Vacún de Leite que organiza a cooperativa galega Seagro na Facultade de Veterinaria de Lugo dende hoxe e ata mañá. Trátase dunha iniciativa na que participan centos de gandeiros de toda Galicia e na que recoñecidos profesionais abordan cuestións técnicas sobre calidade do leite, a alimentación ou a reprodución das reses co fin de propoñer alternativas coas que os gandeiros melloren a calidade dos produtos lácteos ó tempo que aforren custes para facer máis competitivo o sector.

A Vicepresidenta Segunda abogou polo Pacto polo Campo, un acordo que mantén que as administracións non deben competir cos gandeiros, adicándose á produción leitera; senón que teñen que converterse nos seus máximos aliados. “O futuro da Comunidade, e o de en Lugo en particular como unha provincia 100% rural, pasa polo campo. Todas as institucións, indiscutiblemente aqueles que teñen as competencias directas na materia como a Xunta, debemos traballar xuntas, cóbado con cóbado cos profesionais, desenvolvendo iniciativas como o Centro de Recría ou estas Xornadas Técnicas de Vacún de Leite, co obxectivo de presentar solucións en impulso da gandeiría e da nosa economía, facendo fronte á crise que sofre o sector”.

Situación das obras

Méndez avanzou que as obras do Centro de Recría marchan a moi bo rítmo, tendo listas as 13 naves de recría que acollerán as 3.000 novillas no mes de febreiro. “Malia que o Goberno galego bloqueo o noso proxecto durante máis de 1 ano ó non concedernos a Declaración de Impacto Ambiental imprescindible para iniciar ós traballos, e a pesares de non contar polo momento coa colaboración da administración galega con competencias gandeiras directas, sempre dixemos que o Centro de Recría se ía a facer si ou si. Hoxe nas instalacións chairegas podemos ver que isto é unha realidade”.