Deputación de Lugo

O programa Km0 contribúe a manter 850 empregos directos en 125 empresas de sectores estratéxicos da provincia

A maioría das firmas coas que colabora a Deputación son de hostalería, pero tamén hai adegas, queixerías, fabeiros, produtores de embutidos, panaderías, pastelerías, obradoiros artesáns e colectivos vinculados coa pesca275 persoas gozarán das 6 rutas desta semana, que discorrerán por Láncara, O Páramo, Paradela, Sarria, O Corgo, Ribadeo, a capital lucense, Sober e MonforteO Deputado José Ramón Val recibiu este martes a un grupo da Asociación de Viúvas Santa María do Campo de Ribadeo e a outro de individuais, que viaxaron á Zona Sur

O programa Km0.Deputación de Lugo contribúe a manter 850 postos de traballo directos en 125 empresas de sectores estratéxicos da provincia, como a hostalería, o comercio, a artesanía, o turismo e produtos agroalimentarios, pois os itinerarios organizados –cunha media de 1.200 participantes ó mes- inclúen paradas en establecementos dos mencionados ramos de actividade. A maioría das firmas coas que colabora a institución provincial son de hostalería (preto dun 64%), pero tamén hai adegas, queixerías, fabeiros, produtores de embutidos, panaderías, pastelerías, obradoiros artesáns e colectivos vinculados á pesca.

Esta semana, 275 persoas realizarán as 6 rutas programadas, que discorren por los municipios de Láncara, O Páramo, Paradela, Sarria, O Corgo, Ribadeo, a capital lucense, Sober e Monforte. Neste caso, veranse beneficiadas 11 PEMES de hostalería, artesanía e alimentación, que dan emprego de maneira directa a unhas 70 persoas.

O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val, recibiu este martes no Salón de Actos de San Marcos ós dous primeiros grupos da semana: 48 integrantes da Asociación de Viúvas Santa María do Campo de Ribadeo e outras 48 persoas anotadas a nivel particular. Nos dous casos desprazáronse á Zona Sur, pero con percorridos distintos. Así, trala benvida de Val na Deputación e visitar o Mazo de Santa Combar, o colectivo ribadense repuxo forzas nunha comida na Casa Grande de Láncara, e achegouse despois á Ponte de Carracedo e ó Pazo da localidade lancaresa; ó Campo da Feira de Vilarmosteiro, no Páramo; e a San Facundo de Ribas de Miño, en Paradela. En canto ó outro grupo, composto por veciños da provincia anotados a nivel particular, trala recepción en San Marcos, deron un paseo polas beiras do río Miño, e, xa en Sarria, coñeceron as igrexas de Santiago de Barbadelo e La Merced, e a zona das Aceas, onde fixeron parte dunha ruta, ademais de achegarse á pastelería Maceda, xa no Corgo. A comida tivo lugar en Casa Caxigueiro do Concello sarriano.

O programa de Km0 continúa mañá mércores con itinerarios por Ribadeo e pola capital lucense, que realizarán un grupo de 48 universitarios do Campus de Lugo e outro de 35 do Centro de Día lucense das Gándaras, respectivamente. Os estudantes iniciarán o seu percorrido cunha visita á olería de Bonxe para logo, xa en Ribadeo, comer no restaurante La Cofradía de Rinlo, achegarse a Illa Pancha e ó forte de San Damián, e dar un paseo polo casco histórico da vila. Pola súa banda, os usuarios do Centro de Día das Gándaras, coñecerán as instalacións do Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD) da Deputación e o núcleo de Santa Eulalia de Bóveda, darán un paseo pola Muralla, e visitarán o centro de interpretación do monumento bimilenario, así como a Catedral lucense. A comida terá lugar no restaurante Los Robles.

O xoves conclúe a programación semanal con dúas rutas pola Zona Sur, das que gozarán un grupo de 48 integrantes da Asociación de Veciños de Orbazai, de Lugo, e outros 48 membros da Asociación de Pais de Nenos e Adolescentes con Necesidades Especiais (ASPANANE) de Viveiro. O colectivo lucense optou por un percorrido que inclúe paradas na Fundación TIC, dependente da Deputación, no restaurante soberino Parada Dos para comer, na zona de Muíños de Xábrega e nos Canóns do Sil, así como unha degustación na adega Noguedo. A agrupación de Viveiro coñecerá as dependencias do CENTRAD e viaxará despois á Ribeira Sacra para comer no restaurante JM de Monforte e dar un paseo en catamarán por Amandi.

A lista de colaboradores está aberta

A Deputación colabora na actualidade con 125 empresas e entidades de toda a provincia, pero todas aqueles interesados en formar parte da iniciativa poden facelo. Tan só teñen que dirixirse á entidade provincial, chamando ó numero de teléfono 982-26-74/75.