A Deputación cede un traxe rexional elaborado polo CENTRAD ó Museo Interactivo de Historia de Lugo
O depósito obedece á colaboración entre a Deputación e o Concello de Lugo, xa que foi a entidade local, a través do Servizo de Arqueoloxía municipal, o que solicitou a cesión dalgún das pezas elaborados no Centro de Artesanía e Deseño. Unha vez aberta a exposición ó público, o traxe quedará perfectamente identificado grazas a unha cartela, na que tamén se indicará a procedencia do traxe.
O Obradoiro do Traxe Rexional do CENTRAD ten como obxectivo a conservación e protección da tradición que a vestimenta luguesa ten en toda a Comunidade. Os profesionais deste departamento imparten cursos co fin de divulgar as técnicas tradicionais, como a do tear ou o bordado, a todas aquelas persoas interesadas en aprender este elemento etnográfico. Ademais, tamén colaboran con asociacións ou mesmo Concello na preparación de citas como o Arde Lucus.