Éxito da curta Triste Soledad de un Violinista na noite da súa estrea oficial organizada polos alumnos da Escola de Imaxe e Son
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_6274_1.jpg)
Está previsto que máis de 200 persoas enchan esta noite o Salón de Actos do Pazo de San Marcos para participar na presentación oficial da curta Triste Soledad de un Violinista do director sarriano Roberto Lolo, precisamente, rodada integramente no seu Concello natal, contando durante todo o proceso coa colaboración dos técnicos da Fundación TIC, así como dos alumnos da Escola de Imaxe e Son, responsables, ademais, da organización desta estrea. Deste xeito, o Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, destacou o esforzo dos estudantes, ó tempo que agradeceu a Lolo a oportunidade concedida ós rapaces, implicándoos neste proxecto, feito que amosa que tamén sentides a TIC. Pola súa banda, Lolo subliñou o apoio da institución luguesa porque esta curta non houbera sido a mesma sen a vosa axuda técnica e humana.
Acompañando ó Presidente e ó Director, estiveron o elenco de actores protagonistas da cinta e que explicarán ante o público algúns dos pormenores da rodaxe e das súas motivacións para embarcarse no proxecto fílmico. A ex-triunfita e eurovisiva, Soraya Arnelas, dixo estar moi contenta do seu debut como actriz en Lugo e de que fose baixo as directrices de Lolo, resaltou a cantante extremeña. Lin a historia, gustoume e decidín aceptar o papel, aclaraba unha das caras máis populares da curta e un dos actores revelación do cine español, Alberto Amarilla. Tamén tivo palabras de agracedemento o músico galego, Luis Valcárcel, o violinista da historia que deleitará ó público interpretando en directo varias pezas do seu repertorio.
Acto seguido chegou a proxección da curta, dunha duración de 18 minutos, que tivo moi boa acollida entre o público. Versa sobre a historia dun violinista que se refuxia nunha casa para compoñer e, cada vez que toca un tema, unha misteriosa muller se lle aparece. Ó remate da proxección, os asistentes poderán aproveitar a ocasión para felicitar e incluso pedir autógrafos ó cadro actoral, ó equipo técnico e ó director. E é que este filme pisa con forza no panorama cinematográfico nacional xa que foi preseleccionada en varios festivais de España. De feito, nos próximos meses, proxectarase en Madrid no festival Cortos con Ñ, competindo co resto de curtas polo Premio do Público que outorga 50 bonos de distribución a curtametraxe gañadora.
O traballo dos estudantes
O acto, que comezará ás 20.30 horas da noite e se desenvolverá nas dependencias da Deputación Provincial, foi organizado na súa totalidade polos alumnos de 1º de Produción da Escola de Imaxe e Son, o único centro da provincia lucense que imparte estudos superiores no eido do audiovisual. Deste xeito, a presentación correrá a cargo de Pachi Pintado, estudante do centro, que fará de mestre de cerimonias. E é que, esta é a máxima prioridade da TIC: que os estudantes, acompañados polos docentes, sexan capaces de implicarse e responsabilizarse da organización dun acto real destas características, co fin de que lles serva nun futuro como experiencia laboral e poidan atopar máis facilmente un traballo no sector.