Deputación e Concello de Lugo melloran a recollida de lixo no Casco histórico con colectores soterrados financiados cos fondos europeos do Urban
![](/sites/deputacionlugo.org/files/Imagenes/0_6289_1.jpg)
A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e os Concelleiros de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, visitaron hoxe os traballos de instalación de novos colectores soterrados no Casco histórico.
O Concello de Lugo decidiu instalar cinco novas illas de colectores soterrados no Casco histórico da cidade co propósito de mellorar a recollida do lixo na zona monumental da cidade. Para elo acordou adicar fondos do Plan Urban, que financian a Unión Europea, o Concello e a Deputación provincial a este proxecto co que se van instalar illas de colectores para o depósito de papel e cartón, vidro, envases e resituos orgánicos nas rúas de Xoan Montes, Nóreas e Tenente Coronel Teijeiro así como nas prazas do Ferrol e A Soidade. Os colectores serán accesibles e contarán con información en braille.
O Alcalde explicou este proxecto supón unha modernización e unha aposta polo medio ambiente. Tamén destacou que a instalación dos novos colectores soterrados diminuirá o sistema de quita e pon e tamén lles facilitamos a vida ós veciños. O Alcalde, ademais, fixo un chamamento ós veciños para que depositen o lixo nos colectores debidos e nas horas nas que está autorizado facelo.
Con estes, pasarán a ser nove as illas de colectores soterrados para o depósito de lixo no Centro da cidade, posto que xa hai catro en funcionamento nas rúas María Balteira e Quiroga Ballesteros e nas prazas de San Marcos e Campo Castelo.
A instalación dos novos colectores supón un investimento de 136.626 euros. O proxecto foi adxudicado nese importe, que supón un aforro de 90.000 euros sobre o presuposto de licitación, á empresa Plásticos Omnium Sistemas Urbanos.
O proxecto inclúe a realización de controis arqueolóxicos.