Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo consolida a súa presenza nas redes sociais, acadando o milleiro de seguidores en Twitter

Máis de 1.000 seguidores converten á de Lugo na Deputación galega máis seguida polos internautas, ó tempo que a sitúan entre as cinco máis populares de España O organismo provincial estende a súa comunidade interactiva ás redes sociais máis populares, contando con contas en Twitter, Facebook, Flickr e Youtube, ás que se pode acceder dende o blog http://blog.deputacionlugo.org.Esta presenza nos medios sociais ten por obxectivo crear unha comunidade interactiva que facilite a conversa cos cidadáns da provincia, que poden así participar directamente na vida da institución provincial

A Deputación de Lugo ven realizando, dende hai meses, unha firme aposta para dinamizar o organismo e os seus principais proxectos en contornas dixitais, co obxectivo de crear unha comunidade interactiva e promover a “conversa” entre todos os lucenses. Cunha activa presenza nas redes sociais, como é o caso de Twitter, unha das máis populares no noso país. Nesta rede, @depulugo conta con 1.025 seguidores, o que a sitúa á cabeza das Deputacións galegas e entre as cinco primeiras de España, tan só por detrás das de Málaga (2.585), Valencia (2.482), Girona (1.819) e Granada (1.319). A través do popular sistema de microblogging, a Deputación comparte información de forma inmediata, promove diferentes iniciativas e dá resposta a dúbidas e consultas dos usuarios, ó tempo que ten unha canle de conversa directa con eles. Algún deles tan populares na esfera dixital como a popular cantante Soraya (@SorayaArnelas), que non dubidou en difundir ós seus máis de 78.000 seguidores, algunhas das mensaxes publicadas pola Deputación durante a recente estrea da curta celebrada no Pazo de San Marcos a semana pasada.

Novas seccións para o blog da Deputación
Internet e as novas tecnoloxías supuxeron un cambio radical nos modelos e esquemas de comunicación dunha poboación cada vez máis conectada. A información, hoxe en día, flúe de xeito oblicuo e transversal: calquera actuación no mundo dixital ten repercusións no mundo real e viceversa. De feito, as mensaxes unidireccionais desaparecen ou son rexeitadas sistematicamente por unha sociedade en que quere ser actor principal da revolución que estamos a vivir. O centro neurálxico deste ecosistema dixital da Deputación é o seu blog, que pode visitarse na dirección http://blog.deputacionlugo.org. É un espazo innovador para informar das principais noticias que acontecen na nosa provincia, comunicar todas a novidades referentes á institución provincial dende outro punto de vista e, sobre todo, escoitar a opinión dos cidadáns e conversar con eles dun xeito natural e instantáneo. Dende a súa posta en marcha, o blog ten rexistrado case 100.000 visitas, 200 artigos publicados (en galego e castelán) e 185 comentarios cos que moitos lucenses participan do día a día do organismo provincial.

En breve, este blog acollerá novas seccións entre as que destaca “Lucenses polo mundo”, un espazo que amosará como é a vida dos seus protagonistas no estranxeiro, ou “De Festa en Festa”, que fará un percorrido pola axenda ociogastronómica da provincia, con abundante material audiovisual.

Tamén en Facebook
O organismo provincial tamén redeseñado recentemente a súa páxina de Facebook, ubicada na dirección http://facebook.com/deputacionlugo, páxina seguida por case 500 usuarios (46% mulleres e 54% homes, dunha idade comprendida entre os 18 e 54 anos). Neste perfil de Facebook, os usuarios atopan abundante información en tempo real sobra as diferentes actividades que leva a cabo a Deputación, todo elo acompañado de numerosos material de vídeo e audio, se ben destacada este espazo pola súa interacción cos cidadáns, que poden compartir os seus propios arquivos, expresarse libremente, así como aportar as súas opinións, suxerencias e mensaxes. Este será un espazo a través do que o organismo provincial presentará proximamente novas iniciativas.

Flickr e Youtube
Por último, o despegue dixital da Deputación nos principais medios sociais, tamén se completa cunha galería de imaxes en Flickr, a coñecida rede social de fotografía, na que se pode gozar cun completo repertorio audiovisual con moitos dos atractivos turísticos da provincia, unha canle en Youtube para os arquivos de vídeo e en breve estrearase tamén una conta en Tuenti, co obxecto de conectar co público máis novo. A todas estas páxinas e canles pódese acceder dende o blog, así como dende a páxina web da Deputación.
Estas ferramentas e actuacións permiten innovar e acceder a novas posibilidades de comunicación e coñecemento, ampliando os valores da provincia de Lugo ó conxunto da sociedade española e contribuíndo, ó mesmo tempo, a fomentar e aumentar a participación de todos os que se asomen a Internet.

Direccións de interese:
Blog: http://blog.deputacionlugo.org
Páxina en Facebook: http://www.facebook.com/diputacionlugo
Conta en Twitter: http://twitter.com/depulugo
Galería de fotos en Flickr: http://www.flickr.com/photos/deputacionlugo
Canal de vídeos en Youtube: http://www.youtube.com/deputacionlugo