Deputación de Lugo

O Goberno Provincial denuncia que as "chapuzas" da Xunta no sector eólico poñen en perigo 9.000 empregos en Lugo

O voceiro socialista esíxelle a Feijóo que explique o freo ilegal do concurso eólico que xeraría 7.000 traballos e a demora da reforma enerxética clave para manter os 2.000 de AlcoaA Deputación aproba unha nova medida de redución de gastos correntes, acadando unha rebaixa de 3 centimos no litro de gasóleo e de 1,8 céntimos no de gasolina

O Goberno Provincial denunciou hoxe que as “chapuzas” da Xunta no sector eólico están a poñer en perigo a lo menos 9.000 empregos en Lugo polo que esixiu ó Presidente de dita administración, Alberto Núñez Feijóo, que de explicacións ós lucenses sobre o freo “ilegal” do concurso eólico e a demora da reforma enerxética que espera Alcoa. O voceiro socialista, Manuel Martínez, sentenciou que “Feijóo debe moitas explicacións ós veciños porque as súas malas xestións poden derivar na destrución dos 7.000 postos de traballo que xeraría o concurso eólico en Lugo e dos 2.000 da multinacional situada en Cervo”.

O voceiro remarcou que o Presidente galego “debe aclarar se priorizou os seus intereses partidistas ós dos cidadáns” logo de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarase ilegal a suspensión do concurso eólico que aprobou o anterior Goberno galego e que paralizou o actual Executivo autonómico. Martínez subliñou que “Feijóo tenos que explicar por que freou esta iniciativa, facendo que en Lugo se destrúan os 7.000 empregos que xeraría; por que bloqueou esta oportunidade económica que inxectaría un investimento superior ós 2.200 millóns de euros na provincia só coa creación de novos parques eólicos; ou por que fixo que Lugo perdese o liderato en España no ranking de provincias coa maior produción de enerxía renovable, freando os novos 1.100 megawatios que lle correspondían co concurso eólico”. Neste senso e pola súa banda, o voceiro do BNG, Mario Outeiro, engadiu que “agora xa sabemos para onde irán os miles de cartos que Feijóo di que aforra cos seus recortes e que aínda non vimos nesta provinia: irán a parar a pagar as indemnizacións ás empresas adxudicatarios do concurso eólico”.

Á espera da aprobación da reforma enerxética por parte do Goberno Central con fin de determinar unha nova tarifa eléctrica para que Alcoa manteña a súa actividade na factoría cervense e, polo tanto, os 2.000 postos de emprego que xera en Lugo, Martínez tamén instou ó mandatario autonómico “que nos diga porque seguimos sen ter esta reforma cando nos aseguraron que estaría lista antes do mes de agosto e hoxe seguimos na mesma situación de incerteza debido, probablemente, ás discrepancias entres os seus compañeiros de partido e Ministros de Industria e Facenda”.

Nova redución de gastos correntes

A Xunta de Goberno deste venres aprobou a contratación de combustible para a maquinaria do Parque Móbil, un departamento, explicou o voceiro socialista, que se traslada por toda a provincia para realizar melloras de vías municipais, aforrando miles de custes ós Concellos. “Mentres o PP mantiña as máquinas no garaxe, empregándoas en base ós seus intereses, nós descentralizamos este servizo, poñéndoo a dispoción dos municipios”, indicou. Dentro da aposta pola redución de gastos correntes, aforrando cartos para impulsar iniciativas que xeren emprego e combatan ó despoboamento demográfico na provincia, as xestións do Goberno Provincial supuxeron una nova e maior redución no prezo de adquisición de combustible. Deste xeito, por cada litro de gasóleo a institución luguesa aboará 3 céntimos menos do prezo fixado no mercado –en 2011 a redución foi de 1,5 céntimos- e por cada litro de gasolina pagará 1,8 céntimos menos –en 2011 a rebaixa foi de 1 céntimo- .

Hoxe o prezo do litro de gasoleo sitúase en 1,40 euros. A maquinaria do Parque Móbil consume 17.000 litros de gasoleo ó mes polo que, segundo os prezos do mercado, o organimo lugués debería pagar 23.800 euros, cantidade que se reduce en 500 euros mensuais, que supoñen 6.000 euros de aforro ó ano. Pola súa banda, o litro de gasolina custa 1,50 euros e a Deputación emprega uns 1.200 litros ó mes polos que tería que aboar 1.800 euros, cifra que disminúe en 200 euros, colevando un aforro anual de 2.400 euros.

A estimación do organismo lugués é consumir como moito 282.000 litros de combustible para os que se achegarán como máximo 323.000 euros.