Deputación de Lugo

45 rapaces aprenden no CENTRAD dende hoxe a facer os seus monicreques, pulseiras de coiro e cestas de materiais reciclados

Un total de 90 rapaces de entre 5 e 16 anos participarán este mes na programación gratuíta posta en marcha pola Deputación para ensinar ós rapaces as técnicas máis novidosas de tradición artesanal e contribuír a conciliar a vida familiar e laboralDende hoxe e ata o día 24, de 9:00 a 14:00 horas, os obradoiros programados son os de coiro, monicreques e cestaría de reciclaxe; do 27 ó 31 serán os de graffitti, pintura e xoiería de arxila

A Deputación pon en marcha hoxe unha nova quenda dos obradoiros infantís de artesanía, totalmente gratuítos, que vén organizando no Centro de Artesanía e Deseño, dende o pasado ano, nas épocas de lecer escolar. 90 rapaces de entre 5 a 16 anos, que cubren a cota de prazas dispoñibles, participan dende hoxe e ata o vindeiro día 31 deste mes nun total de 12 cursos que se desenvolven nas instalacións do CENTRAD, entre as 9:00 ás 14:00 horas.

Estes cursos programáronse este ano, por primeira vez durante a tempada estival, á vista de edicións anteriores no Nadal e Semana Santa, cumprindo o dobre obxectivo de achegar a máis mozos á rica tradicional artesanal da provincia e as técnicas artísticas máis modernas, contribuíndo a conciliar a vida familiar e laboral. Cos prazas esgostadas ás poucas horas de aberto o prazo, este verán a programación incorporou novas actividades, como o grafitti,e ampliou a idade de admisión dos participantes ata os 16 anos, o que contribuiu a aumentar, máis se cabe, o seu éxito de convocatoria.

Coma sempre, os obradoiros están pensados tendo en conta ás habilidades dos rapaces, segundo as súas idades. 45 rapaces participan nos cursos que se poñen en marcha hoxe:

- obradoiros de monicreques para nenos de 5 a 10 anos. Poderán confeccionar bonecos, títeres ou outros obxectos como espellos con materiais de refugallo.
- obradoiros de cestaría de reciclaxe para nenos de 8 a 14. Con papel de periódico, roupa vella ou bolsas de plástico poderán confeccionar cestos e tapices.
- obradoiros de coiro para rapaces de 12 a 16 anos . Neste poderán crear as súas propias pulseiras ou carteiras de coiro.

Outros 45 nenos participarán entre os días 27 e 31 de agosto nos seguintes cursos:

- obradoiros de pintura para nenos de 5 a 10 anos. Aprenderán diferentes técnicas de pintura para traballar nas súas pequenas obras de arte de xeito individual ou colectivo.
- obradoiros de xoiería para nenos de 8 a 14. Farán prendedores, colgantes ou chaveiros en arxila, que moldearán e pintarán eles mesmos
- obradoiros de grafitti para rapaces de 12 a 16 anos. O curso máis novidoso desta programación, no que terán a oportunidade de deixar a súa pegada con spray de cores en paneles de DM.

Todos estes obradoiros se desenvolven nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño en horario de 9:00 a 14:00 horas