Deputación de Lugo

Case 80 desempregados fórmanse na Mariña cos cursos do Pacto Provincial polo Emprego da Deputación

Lara Méndez e Melchor Roel mantiveron un encontro cos últimos 13 lucenses en paro que comezaron esta semana en Viveiro a xornada Administrador de servidores e páxinas web A institución levou á Costa 6 cursos gratis con 1.430 horas teóricas e prácticas en empresas para a inserción laboral dos participantes nas profesións con máis futuro en LugoOs beneficiados reciben durante todo o proceso 400 euros ó mes, “axuda imprescindible para os case 10.000 lucenses en paro que xa non cobran compensación algunha do Estado”

A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, mantiveron este martes un encontro cos 13 lucenses en paro que comezaron esta semana no Claustro de San Francisco da localidade viveirense o curso Administrador de servidores e páxinas web. É a última acción formativa que a Deputación leva á Mariña coa segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego. Mediante esta programación, dotada de 3,5 millóns de euros cofinanciados nun 80% pola Unión Europea, a institución provincial está a celebrar na Costa, concretamente en Viveiro e Xove, 6 xornadas nas que participan un total de 78 desempregados na provincia.

Os cursos son totalmente gratuítos para os beneficiados grazas ós fondos europeos que o organismo lugués soubo captar para o Pacto, converténdoo no 5º proxecto de toda España e o 1º de Galicia que recibiu o maior importe dentro do Fondo Social Europeo.

As accións formativas versan sobre as profesións detectadas como os novos nichos de emprego en Lugo. Trátanse da atención sociosanitaria e dependentes, sectores con amplas posibilidades laborais nunha provincia coma a lucense, no que preto do 40% da poboación supera os 65 anos; do medioambiente, aposta da institución provincial ante a riqueza natural que supoñen as 3 Reservas da Biosfera, a serra do Courel ou os 100 quilómetros de costa; e das Tecnoloxías e a Comunicación, eixo promotor dos cambios na estrutura económica e social en todos os ámbitos. Por exemplo, os participantes ós que hoxe visitou a Vicepresidenta están a profundizar na creación de páxinas web e bases de datos para promocionar e potenciar a actividade de empresas de cara ó incremento dos seus beneficios.

Ademais de clases teóricas –fase actual-, os cursos inclúen -fase posterior- prácticas en empresas da provincia de cara a facilitar a inserción laboral dos beneficiados, facendo fronte á taxa do paro que en Lugo supera o 14% con 25.300 desempregados, preto dun 20% máis que no 2011.

400 euros ó mes
Durante todo o proceso, os beneficiados recibirán asesoramento personalizado das entidades formativas e unha remuneración de 400 euros ó mes. “Unha axuda imprescindible e única para un 35% dos desempregados lucenses, é dicir, case 10.000 persoas, que xa non reciben compensación algunha por parte do Estado. A prestación da Deputación cobra aínda máis forza se temos en conta que, o vindeiro 15 de agosto, o Goberno Central podería, segundo as súas previsións, rescindir ós parados os 400 euros que recibían logo de esgotar a súa prestación por desemprego e durante outros seis meses nos que seguían un plan de formación. Á espera de coñecer si finalmente Rajoy tamén aquí mete aquí a tixeira, hoxe máis de 1.200 lucense en paro levan semanas esperando a cobrar esta paga debido ós retrasos do Executivo estatal”, remarcou Lara Méndez.

A axuda do organismo lugués é compatible coa prestación por desemprego ou con otras axudas públicas sempre e cando no seu conxunto non superen o 75% do Índice Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM).

Máis de 1.400 horas
Os 6 cursos que se imparten na Mariña contan, cun total de 1.430 horas de formación tanto teórica como práctica, son os seguintes:

Coidador de dispacacitados físicos e psíquicos: con 200 horas de duración, impartidas por Cruz Vermella, no Centro de Día da avenida Ramón Canosa 5, en Celeiro, en Viveiro.
Atención especializada para enfermos de Alzheirmer: con 250 horas, impartidas pola Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (GOGAMI), no Centro de Recursos de Palmeiro, en Xove.
Auxiliar de enfermería en xeriatría: con 300 horas, impartidas tamén por Cruz Vermella, na avenida Martínez Ledesma s/n, en Viveiro.
Actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centro de xardinería: con 330 horas, impartidas por Unións Agrarias, no Centro Comarcal Mariña Occidental, avenida Ramón Canosa s/n, en Viveiro.
Administrador de servidores e páxinas web: con 350 horas, impartidas pola Fundación Tic, no Claustro de San Francisco de Viveiro.

Máis datos
Son 21 as accións formativas da segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego postas en marcha polo de agora. Case o 30% das mesmas estanse a celebrar na Mariña (6 cursos), o 23% na zona Sur (5 cursos) e as restantes na cidade de Lugo (10 cursos). Os seus participantes suman, polo de agora, 273. Destes, o 23% estanse a formar nos cursos de Viveiro e Xove, o 20% nos de Monforte e os demais nos da capital luguesa.

Unha vez que, nas vindeiras semanas, arrinquen a totalidade das acción formativas, serán 340 os lucenses en paro que participan, a custe cero, na programación europea da Deputación. O 30,4% dos beneficiados desta iniciativa a custe cero (102 persoas) son de 14 municipios mariñanos, o 34% (115 alumnos) pertencen a 13 Concellos da Zona Sur. Por volume de alumnos, as seguintes comarcas son: A Terra Chá, co 15% (51 persoas) de 11 localidades; Lugo, con 36 persoas de 5 Concellos; A Montaña, con 29, de 6 municipios; e A Ulloa, con 7, das tres localidades que conforman a comarca.