Deputación de Lugo

A Deputación conclúe o Plan de Rebacheo no 75% da rede viaria provincial da Mariña

A Vicepresidenta Segunda comprobou as melloras con rego asfáltico realizadas nas vías provinciais de 12 Concellos da Costa tras supervisar 600 quilómetrosA institución executa agora o Plan de Rebacheo en Trabada e Foz para, nos vindeiros días, proseguir en Alfoz e O Valadouro, concluíndo esta programación na MariñaA nivel provincial, o dispositivo despregado para estas actuacións, composto por 50 operación e 32 máquinas, finalizou o Rebacheo no 80% dos Concellos lugueses

A Deputación supervisou 600 quilómetros de estradas provinciais ó seu paso por 12 Concellos da Mariña, concretamente por Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ourol, Vicedo, Lourenzá, Barreiros, Mondoñedo, A Pontenova, Riotorto e Ribadeo, mellorando con rego asfáltico os puntos que o necesitaban mediante o Plan de Rebacheo. Isto supón, que a institución luguesa culminou esta programación no 75% da rede viaria provincial da Costa, composta por un total de 800 quilómetros. Precisamente, a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez López, comprobou o estado da cp 1510, de San Cibrao por Marosa a Burela, tras as melloras realizadas con este Plan.

O organismo lugués está agora a executar esta iniciativa nos municipios de Trabada e Foz para, nos vindeiros días, continuar en Alfoz e O Valadouro. Estas actuacións compleméntanse coas de roza, tamén rematadas nas estradas provinciais de Viveiro, Foz, Burela, Cervo e Ribadeo, mentres se realizan en Xove, O Vicedo, Ourol, O Valadouro e Barreiros para, proximamente, proseguilas en Alfoz, Trabada, Mondoñedo, Lourenzá, A Pontenova e Riotorto.

O rebacheo a nivel provincial

Un dispositivo de 50 operarios e 32 máquinas están a realizar o Plan de Rebacheo, supervisando e actuación en cada un dos puntos quilométricos da rede viaria provincial, a máis extensa de España con 4.300 quilómetros, que así o requiren. A Deputación finalizou estes traballos no 80% dos Concelles lucenses logo de supervisar 3.380 quilómetros de 53 municipios: Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Ourol, O Vicedo, Vilalba, Muras, Xermade, Lourenzá, Barreiros, Ribadeo, Mondoñedo, A Pontenova, Riotorto, A Pastoriza, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Corgo, Outeiro de Rei, Rábade, Cospeito, Quiroga, Triacastela, Castro de Rei, Lugo, Castroverde, Meira, Láncara, Guntín, Friol, Begonte, Navia, Negueira, Fonsagrada, Ribeira de Piquín, Pedrafita, Cervantes, As Nogais, Becerreá, Caurel, Samos, O Incio, Ribas do Sil, Quiroga, Bóveda, A Pobra de Brollón, Sober, Pantón, Monforte de Lemos, Carballedo, Chantada e Taboada. Este operativo traballa agora nas vías provincias doutros 7 municipios -Foz, Trabada, Abadín, Baleira, Barralla, Palas de Rei e O Saviñao- supervisando 463 quilómetros para a súa mellora. Nos vindeiros días, a Deputación fará o mesmo nos 358 quilómetros dos que é responsable no Valadouro, Alfoz, Pol, Sarria, Paradela, O Páramo e Guitiriz, acondicionando con rego asfáltico os puntos que o precisen.

Aforro de custes

En 3 semanas, a Deputación rematará o Plan de Rebacheo, permitindo calcular o seu custe total tras constatar o número de puntos quilométricos nos que se tivo que actuar. Hai que ter en conta que a institución mellorou con aglomerado en quente 1.000 quilómetros da rede viaria provincial, logrando que esas zonas estean en perfectas condicións durante un prazo mínimo de 10 anos. Por ese motivo, finalmente o número máximo de quilómetros nos que se poderá intervir non será superior ós 3.200. Segundo as valoracións dos técnicos, o custe no mercado do rego asfáltico en dita extensión sería de, aproximadamente, 4 millóns de euros. Nembargantes, o custe que lle suporá á Deputación será moi inferior porque estes traballos son con cargo ó Plan de Conservación. É a programación coa que a institución actúa no 100% da rede viaria provincial tras dividila en 8 zonas, nas que traballan outras tantas empresas adxudicatarias deste proxecto. Con esta contratación conxunta, o organismo lugués aforra miles de custes ó obter prezos moito máis vantaxosos.

Optimización de recursos

Tendo en conta que a Deputación é responsable da rede viaria provincial máis extensa de España e que a Xunta mantén paralizado dende o 2009 o proceso de transferencias de estradas iniciado con anteriormente a dita data, o organismo lugués, ademais de apostar polos acordos marco nas súas adxudicacións, tamén optimiza os seus recursos, reducindo custes e mantendo servizos. Outro exemplo disto é o aforro de 100.000 euros mediante a redacción de proxectos de obra por parte dos técnicos provinciais e non de entidades externas. Cómpre salientar que a institución luguesa conta cun presuposto 100 veces inferior ó do Goberno galego, administración responsable de 52.000 quilómetros de viais en Galicia fronte ós 4.300 que asume a Deputación. Por todo o anterior, busca fórmulas para non recortar os servizos ós veciños e primar a seguridade na rede viaria provincial.