Deputación de Lugo

Máis de 850 lucenses realizaron viaxes en helicóptero no marco do programa Km0 impulsado pola Deputación

A estes sumaránselle este sábado, 21 de xullo, outros 48, todos membros da AECC de Guitiriz, que gozarán dun recorrido en helicóptero por RibadeoAs catro rutas do programa medioambiental previstas para esta semana fortalecerán a actividade comercial e hostaleira dos municipios de Ribadeo, Viveiro e MondoñedoA Deputada de Medio Ambiente recibiu este martes a un grupo da ANPA do colexio de San Miguel de Paradela, que fixo o itinerario Ría de Ribadeo

Máis de 850 veciños da provincia realizaron viaxes en helicóptero no marco da modalidade Xtreme do programa Km0 impulsado pola Deputación dende a súa posta en marcha. A estes, sumaranse este sábado outros 48, membros da delegación guitiricense da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que gozarán dun percorrido en aeronave por Ribadeo, dentro do recén posto en marcha Km0 Fin de Semana. O colectivo guitiricense iniciará a xornada dando un paseo pola praia das Catedrais. Logo, iniciaranse ós voos en Vilaframil e farán unha travesía en barco; actividades que continuarán á tarde logo de facer unha parada para comer no restaurante O Cabazo.

A modalidade Xtreme é, de feito, a máis demandada para as fins de semana deste mes de xullo, pois, ademais da viaxe deste sábado en helicóptero, están previstas actividades multiaventura para o sábado 28 de xullo, accións que xa se levaron a cabo o pasado 7 de xullo. A modalidade Xtreme inclúe outras opcións, como viaxes en globo, bicicleta de montaña, rutas en segway, tiro ó arco, escalada, vela, catamarán, kayak, esquí náutico, surf e windsurf, entre outras.

As catro rutas previstas para esta terceira semana de xullo, que terán lugar este martes, o mércores, o venres e o sábado, fortalecerán a actividade comercial e hostaleira a Mariña, en concreto dos municipios de Ribadeo, Viveiro e Mondoñedo. A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, recibiu hoxe ó primeiro grupo da semana: 48 integrantes da ANPA do colexio de San Miguel de Paradela, que fixeron a ruta Ría de Ribadeo. Trala recepción, que tivo lugar no Salón de Plenos do Pazo de San Marcos, achegáronse á Fundación TIC, dependente da Deputación de Lugo e situada na Rúa Frei Plácido Rei Lemos. A comida tivo lugar no restaurante O Cabazo para máis tarde realizar unha travesía en barco pola ría. Completou esta ruta unha subida no ascensor panorámico de Porcillán e unha visita ó casco histórico e ó Mosteiro das Clarisas.

A Mariña seguirá sendo o destino das outras dúas rutas da semana, solicitadas polo colectivo do Centro de Estudios do Corgo e por un grupo de 23 persoas anotadas de xeito individual. No caso do grupo do Corgo, 55 persoas farán mañá mércores a ruta Viveiro Histórico. Despois dunha recepción no organismo provincial, visitarán a Insua do Miño en Rábade e, xa en Viveiro, a Igrexa Santa María do Campo. Logo darán un paseo polo casco histórico da cidade do Landro para rematar cunha subida ó miradoiro de San Roque. A comida terá lugar no Val do Naseiro.

Pola súa banda, as 23 persoas inscritas en Km0 de xeito individual desprazaranse o venres a Mondoñedo, para gozar da ruta Rei Cintolo. Trala recepción na institución luguesa, o colectivo dirixirase á gruta mindoniense, comerá no Restaurante Padornelo e visitará o casco histórico da cidade.

Como anotarse

Todos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en http://www.deputacionlugo.org/ onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, completar o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas, quedando excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).

A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico http://www.losproductosdelugo.com/ da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa, os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.