Deputación de Lugo

Km0.Deputación de Lugo dinamiza a economía da Mariña, Terra Cha e da zona Sur coas rutas desta semana

Pilar García Porto recibiu hoxe no Pazo de San Marcos a 48 membros da “Asociación de Hombreiro-Miño” quen realizou a ruta Catamarán por AmandiOutras tantas persoas coñecerán o xoves as praias de Ribadeo mentres 20 rapaces realizarán o sábado actividades lúdico-deportivas en Vilalba

Uns 120 lucenses gozarán esta semana das tres rutas de Km0.Deputación de Lugo, o programa medioambiental que dinamiza a economía da provincia, aproveitando os seus recursos naturais e alternativas lúdicas, co obxectivo de xerar riqueza. E é que neste proxecto, que leva en marcha dende hai tres anos e medio, colaboran 250 empresas luguesas, sobre todo PEMES e autónomos, que dan emprego directo a case 1.400 persoas. Son entidades hostaleiras, comerciais e ata de multiaventura. Cos itinerarios para hoxe, xoves e o sábado, as empresas beneficiarias son da Mariña, zona Sur e Terra Cha.

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, recibiu este martes no Salón de Actos de San Marcos ó primeiro grupo desta semana: 48 membros da “Asociación de Hombreiro–Miño” que fixeron a ruta Catamarán por Amandi. O colectivo lugués achegouse ó Centro de Interpretación Terras do Miño e, xa en Doade, comeron no restaurante Casa Felisa. Pola tarde, fixeron unha ruta de sendeirismo hasta Pena do Castelo para máis tarde embarcar en catamarán para gozar dunha travesía por Amandi.

O municipio de Ribadeo será outra vez o destino da última ruta da semana, solicitada por un grupo da “Asociación de veciños de San Pedro de Soñar” que farán o xoves o itinerario As Catedrais. Despois da recepción no organismo provincial, os 48 veciños visitarán o Centro de Artesanía e Deseño, dependente da Deputación, situado na Travesía da Rúa Chantada. Xa en Ribadeo comerán no restaurante As Catedrais para percorrer pola tarde a praia do mesmo nome e o areal dos Castros. Para rematar o itinerario, o colectivo trasladarase ó aeródromo de Villaframil para visitar as súas instalacións.

O vindeiro sábado, 28 de xullo, outros 20 rapaces do grupo de teatro de Antas de Ulla achegaranse a Vilalba onde, ademais de coñecer este Concello, aproveitarán para participar no Lugoteando, outra programación ocio-medioambiental que xera riqueza, ofrecendo innovadoras alternativas lúdico-deportivas para potenciar o turismo da zona.

Inscrición rápida e sinxela
Todos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, completar o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org. A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas, quedando excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).

A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa, os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.