Deputación de Lugo

A Deputación garante o convenio de ampliación do paseo do río Cabe aprobando a achega que lle corresponde, de 940.000 euros

Imaxe deputación de lugo
A Xunta de Goberno dará luz verde este venres ó orzamento que debe aportar o organismo provincial para facer fronte á execución do proxecto , que supón a rexeneración das marxes e a cunca fluvial monfortina entre o parque dos Condes e a parroquia de Piñeira Froito da súa boa xestión e a pesar de que a Xunta aínda non lle pagou a débeda de 3,1 millóns de euros pola xestión dos hospitais, a institución luguesa conseguiu facer esta previsión económica para que os veciños de Monforte non perdan os fondos europeos

A Deputación de Lugo garante o convenio de colaboración coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Monforte de Lemos para acometer a ampliación do paseo fluvial do río Cabe, rexenerando as marxes e a cunca do tramo comprendido entre o parque dos Condes, situado no centro urbano, e a parroquia de Piñeira. De feito, a Xunta de Goberno deste mesmo venres, 2 de novembro, aprobará a achega económica que lle corresponde ó organismo provincial para facer fronte á execución de dito acordo, e que ascende a 940.000 euros, o que supón o 20% do orzamento total inicialmente estimado. Esta cantidade distribuirase en tres anualidades: 284.989,36 en 2013; 482.985,12 euros, en 2014; e 172.025,52 euros, en 2015.

Froito da súa boa xestión e a pesar de que a Xunta de Galicia aínda non lle pagou a débeda de 3,1 millóns de euros que ten pendente este ano pola xestión dos hospitais de San José e San Rafael, a Deputación conseguiu facer esta previsión económica para que os veciños de Monforte non perdan os fondos FEDER achegados pola Unión Europea dentro do Programa Operativo de Galicia 2007-2013 e, consecuentemente, se queden sen unha actuación relevante para este municipio, pois permitirá a rexeneración ambiental e social dunha das zonas máis marxinadas de toda a cunca do Cabe debido ó seu uso histórico industrial, e que foi básica para o desenvolvemento económico e social da cidade monfortina.