Deputación de Lugo

130 traballadores públicos comezan hoxe 4 cursos formativos gratuítos que ofrece a Deputación

As accións formativas son: procedementos administrativos na rede, actualización dos policías locais, novidades na lei de contratos do sector público e microsoft access avanzadoO organismo provincial organiza a programación de cursos en base ás necesidades das entidades locais para mellorar os servizos ós cidadáns e as propostas dos traballadores

Un total de 130 traballadores públicos comezan este luns 4 cursos que a custe cero lles ofrece a Deputación para ampliar a súa formación de cara a mellorar o servizo que as entidades locais o organismo provincial ofrece ós veciños.

As accións formativas, que teñen un duración de 130 horas, son as seguintes:

aplicación práctica do procedemento administrativo nas administracións públicas on line; con 50 alumnos e 40 horas; actualización policías locais: aplicación da normativa de seguridade vial e transporte en vías urbanas, con 20 alumnos e 24 horas; novidades na lei de contratos do sector público, con 50 alumnos e 40 horas; e microsoft access avanzado, con 10 alumnos e 25 horas.

Traballadores locais de toda a provincial participan nesta xornadas cuxo contido foi elixido entre eles mesmos en base as súas propias propostas e a que lle remite a Deputación todos os anos logo de avaliar as necesidades dos servizos públicos nas entidades locais co fin de mellorar as prestacións ós cidadáns.