Deputación de Lugo

40 gandeiros da provincia reciben formación sobre a norma europea de benestar animal nun curso gratuíto da Deputación

A Granxa Gayoso tivo que aumentar as prazas inicialmente previstas ante o gran interese mostrado polos traballadores do sector nesta acción formativa homologada, que arrancou este luns e rematará o venresOs participantes obterán os coñecementos que precisan para cumprir a esixente normativa da UE, que aborda cuestións como o aloxamento, coidado, nutrición ou prevención de enfermidades dos animais

Corenta gandeiros da provincia de Lugo reciben a formación e coñecementos prácticos que precisan para cumprir coa normativa europea sobre benestar animal nun curso gratuíto que comezou a impartir este luns a Granxa Gayoso Castro. O centro, dependente da Deputación de Lugo, tivo que aumentar as 30 prazas inicialmente previstas ante o gran interese mostrado polos traballadores do sector nesta acción formativa homologada, que se imparte en horario de 17:00 a 21:00 horas e rematará o vindeiro venres. Os participantes coñecerán aspectos que aborda a esixente norma, como todos aqueles vinculados ó aloxamento, coidado, nutrición ou prevención de enfermidades dos animais, entre outros.

Ademais de responder á cada vez maior sensibilidade da poboación hacia ó respecto ós animais, cumprir coa obrigatoria normativa de benestar animal é un requisito que pesa á hora de definir as axudas da PAC, e mellora a competitividade das explotacións agrodandeiras. Algunha das cuestións esixidas son a obrigatoriedade de ter os xatos soltos, non presos, e a de parar para darlle de comer ó gando no caso dun transporte de longa duración.

Estas xornadas da Granxa Gayoso Catro enmárcanse no labor de formación que ten encomendado este centro co obxectivo de favorecer a rendibilidade, desenvolvemento e sostibilidade da actividade agropecuaria da provincia, fundamental na economía lucense. Previamente ó curso de benestar animal, o centro ofreceu un de apicultura no que se cubriron as 30 prazas dispoñibles.