Deputación de Lugo

A Deputación denuncia que o recorte nun 40% das políticas de emprego da Xunta disparará o paro e o despoboamento en Lugo

Segundo datos oficiais, Feijóo rebaixou a partida para a promoción de emprego en 400 millóns dende 2009, facendo que na provincia case se duplicase o paro, con 11.000 desempregados máisTal e como reflexa o novo Orzamento da Xunta, os fondos para a promoción de emprego sofren un novo recorte de 137 millóns de euros e os de benestar, sanidade e educación de 160 millóns de eurosMartínez subliña que “tentamos contrarrestar os recortes do austérico Feijóo”, aumentando nun 63% as políticas de emprego e nun 12% as de benestar social no Presuposto da Deputación para 20123

A Xunta de Goberno aprobou este vernres a subvención que a Consellería de Traballo concedeu á Deputación de Lugo para a pórroga do contrato dun traballador que desenvolve a súa actividade no departamento provincial de Fondos Europeos. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, informou que é a única subvención que concedeu a Xunta de Galicia á institución luguesa para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local. Esta axuda ascende a 15.300 euros, supoñendo só o 30% do custe total polo que a institución luguesa asume o 70% restante con fondos propios co fin de contribuír á xestión dos 25 millóns de euros que captou da Unión Europea, converténdose na quinta administración local en España que máis cartos comunitarios captou.

Martínez subliñou que “esta única subvención que nos outorga o Goberno galego é mostra dos continuos recortes que está a aplicar Feijóo ás políticas activas de xeración de emprego na Comunidade”. Segundo datos oficiais, no caso deste programa para a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local, a Xunta recortou o seu orzamento en máis dun 60% dende 2009, pasando dos 6 millóns de euros ós 2 millóns de euros. Nembargantes, a partida total que adica o Goberno galego á promoción de emprego rebaixouse en máis de 400 millóns de euros nos últimos catro anos. “Isto supuxo que a taxa do paro se incrementase nun 40% dende 2009, pasando dos 17.000 parados que deixou o anterior Executivo autonómico ós 28.000 que acadou o Partido Popular”, denunciou o voceiro tras comparar os datos ofrecidos polo Servizo Público de Emprego.

As políticas do “austérico Feijóo”
O Deputado informou que, segundo constata o Orzamento da Xunta para 2013, a partida para a promoción de emprego volta a sufrir un novo recorte este ano superior ó 40%, con 137 millóns de euros menos que no 2012, mentres que os fondos para benestar, sanidade e educación se reducen en 160 millóns de euros. “Os expertos xa aseguran que as políticas do austérico Feijóo suporán que Galicia bata o récord do desemprego no primeiro trimestre do ano con 300.000 galegos no paro. É dicir, o home que no 2009 se proclamou como o defensor do paro, asegurando ter a fórmula para rematar con esta lacra en 100 días, convertese no destructor do emprego na Comunidade. As políticas do austérico Feijóo están a contribuír, ademais, á constante perda de poboación en Galicia onde Lugo xa baixou dos 350.000 habitantes por primeira vez dende que existen datos oficiais do padrón”.

A Deputación tenta “contrarrestar” estes recortes
Martínez destacou que “dentro das nosas posibilidades”, tendo en conta que o Orzamento da Deputación para 2013 é de 89,4 millóns de euros fronte ós case 8.500 millóns da Xunta de Galicia, “tentamos contrarrestar estes recortes na provincia, marcando como prioridades do noso Presuposto para este ano a creación de emprego e o benestar social co obxectivo de fixar poboación”. O voceiro subliñou que a Deputación incrementou este ano nun 63% as políticas activas de emprego, con proxecto dotados de 7,5 millóns de euros, e aumentou os fondos para benestar social nun 12%, cunha partida de 2,2 millóns de euros, que se engaden ós 15 millóns de euros para a rede de residencias e centros de día públicos na provincia.