Deputación de Lugo

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolleu unha conferencia sobre a presenza da avispa asiática en Galicia

Os asistentes á charla impartida polo investigador do Grupo de Control Parasitario Pablo Piñeiro coñeceron as claves para identificar esta especie invasora prexudicial para as abellas produtoras de mel e os cultivos frutícolas A seguinte conferencia, o 15 de febreiro, ofrecerá os resultados dos traballos sobre sistemas alimentarios locais da USC e a Universidade holandesa Van Hall LarensteinOs intersados en inscribirse poden facelo chamando ó número de teléfono 982-22-78-12, ou enviando un correo á dirección und.medioambiente@deputacionlugo.org

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, asistiu este xoves á conferencia celebrada no Centro de Interpretación Terras do Miño, Avespa Asiática (Vespa vetulina) en Galicia. Identificación, control e medidas preventivas nos nosos colmeares, a primeira da programación posta en marcha pola Deputación para dar un impulso ó labor de formación medioambiental.

Dita charla correu a cargo do veterinario investigador do Grupo de Control Parasitario e Secretario da Asociación Provincial Lucense de Apicultores (APLA) Pablo Piñeiro, que ofreceu ós asistentes as claves para identificar a este insecto, cuxa presenza en Galicia confirmouse no verán de 2012 e que supón un importante perigo para as colmeas de abellas melíferas da provincia, así como para os cultivos de froitas, xa que son un agresivo depredador. Entre os datos ofrecidos por Piñeiro destaca o feito de que esta especie de avispa non só inxecta o seu veleno, senón que tamén o lanza. Tendo en conta que os danos son especialmente graves para os apicultores da provincia de Lugo, na que xera un volume de negocio na provincia de 4 millóns de euros ó ano coa venda dos 740.000 quilos de mel que se producen en Lugo. Esta facturación representa case o 35% do total en Galicia, comunidade que vende 2 millóns de quilos de mel, acadando 12 millóns de euros anuais.

A 1ª das actividades programadas

A programación no Centro de Interpretación Terras do Miño continúa o vindeiro día 15 de febreiro, cando se celebrará a xornada Sistemas alimentarios locales. Exposición dos resultados do taller Internacional sobor dos sistemas alimentarios locais, organizada en colaboración coa Universidade de Santiago e a Universidade Van Hall Larenstein, de Holanda. O día 28 será a quenda de Os anfibios e reptiles na provincia de Lugo. Biodiversidade e conservación.

Xa no mes de marzo celebraranse dúas conferencias, os días 7 e 21: Biomímese. Innovación inspirada na natureza e A Educación ambiental como ferramenta para a conservación do medio natural, respectivamente. Ademais deste ciclo de conferencias, a programación completaranse con obradoiros para nenos e adultos, visitas guiadas e outras actividades ó aire libre, en canto a meteoroloxía sexa menos severa. Ademais, o Centro ampliará o seu horario habitual ás tardes e mesmo ás fins de semana.

Como anotarse

Os interesados en acudir a calquera destas actividades só teñen que poñerse en contacto co departamento de Medio Ambiente da Deputación, ben chamando ó teléfono 982-22-78-12, ou ben a través do enderezo electrónico und.medioambiente@deputacionlugo.org A inscrición é totalmente gratuíta.