Deputación de Lugo

O Goberno Provincial esixe a Feijóo que clarifique o futuro dos Hospitais da Costa e Monforte ós seus 120.000 usuarios e 1.000 traballadores

“Os lucenses só recibiron silencio, mentiras e contradicións. Se os hospitais non vai a perder prestacións, por que o PP se negou a instar á Xunta a garantilas e por que José Insúa, Xerente do Hospital da Costa que foi Alcalde popular, rexeita a creación dunha única área sanitaria en Lugo” “Feijóo debe explicar tamén porque non cofinancia en Lugo servizos sociais e emprego; por que non dota á provincia de urxentes prestacións sanitarias; que solución ofrece ós afectados polas preferentes; cales son as súas xestións para o gaseoducto de Alcoa; ou porque non se reúne coa Deputación”“É hora de que Feijóo fale claro e de que trate ós lucenses con respecto, como os restantes galegos e non como cidadáns de segunda. Mañá ten esta oportunidade. Miles de lucenses estarán nas rúas esperando explicacións”, sentenciou o voceiro provincial socialistaA Deputación tramite nun tempo récord medio de 15 días 198 pequenas obras e inicia a contratación de material para arranxar vías municipais, aforrando inicialmente 700.000 euros ós Concellos

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou hoxe que, “tendo en conta que mañá Feijóo ten previsto vir a esta provincia, o Goberno Provincial esíxelle que, dunha vez por todas, dea as explicacións que debe ós lucenses”. Martínez emprazou ó Presidente da Xunta a clarificar “o futuro que vai a impoñer ós Hospitais da Costa e de Monforte”, así como que explique “porque non cofinancia en Lugo os servizos sociais e as políticas de emprego como fai no resto das provincias; porque non dota a Lugo de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia, Medicina Nuclear e Cirurxía Pediátrica; que solución ofrece ós miles de afectados polas participación preferentes; cales son as xestións do Executivo autonómico para a chegada do gaseoducto de Alcoa; ou porque non resposta á decena de peticións da Deputación para abordar medidas conxuntas en impulso dos sectores estratéxicos da provincia. É hora de que Feijóo fale claro e de que trate ós lucenses con respecto, como os restantes galegos e non como cidadáns de segunda. Mañá ten esta oportunidade. Miles de lucenses estarán nas rúas esperando explicacións”, sentenciou.

Ó respecto dos hospitais, o Deputado subliñou que “Feijóo ten que clarificar que vai a suceder cos Hospitais da Costa e de Monforte coa posta en marcha, tal e como confirmou o propio Partido Popular no Pleno -todos escoitaron ó señor Pensado- dunha Área Sanitaria de Xestión Integrada en Lugo. O Presidente da Xunta debe explicar ós 120.000 usuarios destes hospitais que servizos sanitarios van a ter nos seus centros; debe explicar ós 70.000 usuarios do hospital da Costa e ós 50.000 do de Monforte se van a ter que desprazarse case 100 quilómetros ata o Hula para contar con diversas especialidades, facendo que a sanidade sexa máis cara e menos universal ó dificultar o seu acceso. Feijóo debe clarificar ós 1.000 profesionais destes hospitais, 550 que traballan no da Mariña e os máis 400 que o fan no da zona Sur, en que hospital prestarán servizo e cales serán as súas condicións laborais. Feijóo tamén deben dicir que vai a pasar coas melloras prometidas nos Hospitais. Na Mariña, Feijóo prometeu, ata en 5 ocasións, as obras de ampliación e logo concedeu a estes actuacións 50.000 euros para 2013, facendo imposible a súa execución”.

“Silencio, contradicións e mentiras”

O Goberno Provincial considera que “Feijóo non pode demorar máis as súas explicacións porque os lucenses só recibiron ata o momento silencio, mentiras e contradiccións”. Neste senso, Martínez lembrou que no 2009, o Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, aseguraba no Pleno Provincial que a Mariña e a Zona Sur manterían a súa propia área sanitaria. “Logo de moitas informacións que apuntaban ó contrario, esta mesma semana, durante o Pleno Provincial, o Deputado popular Fernando Pensado confirmaba que a Xunta do PP xa ten en marcha a creación dunha única área sanitaria. Primeira mentira e primeira contradicción”, remarcou.

“Outra contradición máis”, destacou o voceiro socialista, apuntando que no Pleno desta semana, ó tempo que os populares aseguraron que non ía haber cambios nos Hospitais, rexeitaron apoiar unha moción do Goberno Provincial para instar á Xunta a manter os servizos, as competencias, os especialistas e os investimentos prometidos para os Hospitais da Costa e de Monforte. “Senón vai a ver cambios, por que o PP de Lugo non demanda a Feijóo que manteña as prestacións sanitarias na Costa e en Monforte. O PP non parece ter tan claro que se vaian a garantir as prestacións sanitarias. Exemplo delo José Insua, actual Xerente do Hospital de Costa, que durante oito anos foi Alcalde popular de Cervo, que rexeita a eliminación das áreas sanitarias para centralizalas en Lugo”.

Máis explicacións

Martínez indicou que “Feijóo ten moitas máis explicacións que dar ós lucenses: por que non cofinancia os servizos sanitarios e as políticas de emprego ós lucenses mentres si llas cofinancia ós cidadáns da Coruña, Pontevedra ou Ourense; por que tampouco dota á Lugo de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia, Medicina Nuclear e Cirurxía Pediátrica; que solución vai ofrecer ós miles de lucenses que perderon os seus aforros coas participacións preferentes; que xestión está a facer a Xunta para a prometida chegada do gaseoducto a Alcoa que xa se retrasa un ano malia permitir reducir os custes de produción nun 25%, garantindo a continuidade da actividade desta factoría da que dependen 2.000 empregos en Lugo; ou por que non resposta as máis de 10 solicitudes formuladas dende esta Deputación para manter un encontro no que abordar actuacións conxuntas en impulso dos sectores estratéxicos da provincia”.

Unha media de 15 días

A Xunta de Goberno aprobou as contas xustificativas de 38 obras do Plan de Comunidades Veciñais, executadas en 24 Concellos e dotadas de 290.422 euros. Trátanse de melloras nas dotacións públicas do rural lugués, que financia na súa totalidade a Deputación, aforrando cartos ós municipios. Martínez adiantou que “con estas actuacións, a Deputación remata coa tramitación do 85% das obras do Plan de Comunidades Veciñais para 2012, é dicir, con 198 actuacións das 232 que en total contempla esta programación. Facémolo ademais nun tempo récord medio de 15 días”. Hai que ter en conta que estas subvencións resolvéronse a finais de ano, que as condicións metereolóxicas non permitiron ás asociacións a súa execución inmediata senón que tiveron que pospoñela ós primeiros meses do 2013, e que á institución só lle resta por aboar o 15% das obras, na maioría dos casos, porque está pendente de recibir a xustificación destes traballos por parte dos colectivos beneficiados. O voceiro subliñou que “como poden comprobar, a xestión deste Goberno Provincial dista moito da do Partido Popular, que deixou sen aboar obras dos Plans de Comunidades Veciñais anteriores ó 2006, 2007 e 2008, resoltas finalmente por este Executivo lugués”.

As 38 actuacións aprobadas na sesión de hoxe leváronse a cabo en parroquias dos seguintes 24 municipios: Barreiros, Carballedo, Cervantes, O Corgo, Cospeito, Chantada, Folgoso do Courel, Foz, O Incio, Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Navia de Suarna, Pantón, O Páramo, A Pastoriza, Ribadeo, Samos, Sarria, Sober, Triacastela, Vilalba, Viveiro e Xermade.

700.000 euros de aforro inicial ós Concellos

A sesión tamén acordou a posta en marcha do proceso de contratación de novo material para o Parque Móbil, dirixido ó acondicionamento das estradas de caracter municipal. “Con este prego, adquiriremos unhas 1.400 toneladas de emulsión asfáltica para o arranxo de vías municipais durante este ano e 2014, achegando para elo un máximo de 700.000 euros. Trátase da cantidade inicial que aforraremos ós Concellos, ó asumir a compra do material, ó que se engadirá o aforro que lles suporá non ter que realizar contratacións externas para a execución destes traballos, que tamén asumirá esta Deputación. Para elo, poremos a disposicións dos municipios tanto os profesionais como as máquinas do Parque Móbil, optimizando os recursos da institución provincial para evitar custes ás entidades locais”.