Deputación de Lugo

A Deputación organiza unha xornada informativa e gratis sobre os retos do sector lácteo na provincia

Imaxe deputación de lugo
Profesionais do sector como Roberto García ou Francisco Sineiro abordarán o venres 15 de marzo no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a nova proposta de reforma da PAC ou os cambios necesarios para o desenrolo económico das explotacións de leiteA partires do luns, todos os interesados poden inscribirse en www.deputaciónlugo.com nesta iniciativa que tamén inclúe unha visita ó 1º Centro de Recría de gando vacún público en España que constrúe a institución para aforrar custes ós gandeirosA Deputación organiza ó longo de marzo máis xornadas formativas e gratuítas sobre sectores estratéxicos para a economía luguesa como o forestal, a gandería e a agricultura

A Deputación organiza o venres, 15 de marzo, no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a xornada informativa e gratuíta “Retos do sector lácteo na provincia de Lugo”. Profesionais na materia como Roberto García González, Secretario Xeral de Unións Agrarias; José Rodríguez Blanco, Secretario de Organización de Unións Agrarias; Francisco Sineiro García, Enxeñeiro Agrónomo e profesor da Universidade Politécnica Superior; Roman Santalla Agra, gandeiro e expresidente da INLAC; Jacobo Feijoo Lamas, Enxeñeiro de Montes; e José Manuel Delgado, Enxeñeiro Agrónomo e Técnico de desenvolvemento rural; abordarán a nova proposta de reforma da PAC; a contractualización como base para o desenrolo económico das explotacións de leite e dos Concellos rurais lugueses; a importancia da gandería na ordenación do territorio, na configuración da paisaxe e na iteración coa biodiversidade; así como as evidencias, impactos e retos do cambio climático no sector lácteo.

Todos os interesados poderán inscribirse sen custe algún nesta iniciativa a partires do luns, entrando na páxina web www.deputacionlugo.org. A xornada arrincará ás 10:00 horas e prolongarase ata ás 14:30 horas. Ó remate das conferencias e mesas redondas, haberá unha visita guiada ó 1º Centro de Recría de gando vacún público en España que constrúe o organismo provincial na Granxa Gayoso Castro, na que se dará conta das vantaxes económicas para os gandeiros deste revolucionario proxecto. Nas instalacións chairegas, a institución rematou coa construción de 13 naves con capacidade para 3.000 cabezas, que estes profesionais non terán que recriar fóra de Galicia, aforrando miles de custes ó ano.

1.700 explotacións menos na provincia

A institución luguesa impulsa esta xornada co Lug02, o programa medioambiental financiado nun 80% pola Unión Europea, consciente da importancia deste sector para economía da provincia, así como da grave situación que está a padecer. Segundo datos oficiais, Lugo concentra o 40% das explotacións lácteas de Galicia cunhas 5.300 que xeran 10.500 empregos directos. Dende 2009, o incremento dos custe de produción e a diminución no prezo do leite supuxo o peche de 1.700 explotacións luguesas.

Máis xornadas en marzo

Durante este mes, o organismo provincial organizará máis xornadas gratuítas sobre sectores estratéxicos na provincia para favorecer o desenvolvemento económico e o mantemento do emprego en Lugo. A institución dará conta entre os días 19 e 22 das oportunidades económicas do comercio on line para o impulso dos produtos autóctonos, tendo en conta que máis de 13 millóns de persoas en España mercan a través de Internet. O 21 de marzo, a Deputación abordará os beneficios capaces de xerar o sector forestal en Lugo, a provincia de maior riqueza forestal de Galicia, ó concentrar o 35% do total da superficie galega de monte arborado cunhas 500.000 hectáreas. Na Mariña, sitúanse o 30% das empresas luguesas dedicadas ó sector da madeira.