Deputación de Lugo

O Goberno Provincial aprobará unha moción no Pleno para esixir a Fomento que reanude as obras paralizadas na Autovía Lugo-Santiago

Imaxe deputación de lugo
Con esta iniciativa que PSdeG e BNG levarán á sesión plenaria, a institución esixirá ó Goberno Central fondos para o treito Palas a Guntín da A-54 e prazos para a súa posta en marchaO grupo provincial socialista desvelou que o PP para a lo menos durante 2 anos estas actuacións, adxudicadas polo anterior Goberno Central xa no 2009 para a súa apertura no 2014A Deputación subliña que “a con esta decisión o Partido Popular discrimina unha vez a Lugo, a única provincia en Galicia que carece dunha conexión directa coa capital compostelana”

Logo de que o voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, desvelase que o Ministerio de Fomento paraliza polo menos ata o 2015 as obras do enlace Palas a Guntín da Autovía Lugo-Santiago ó non concederlle partida orzamentaria algunha tampouco no 2014, tal e como este departamento estatal comunicou oficialmente, o Goberno Provincial aprobará unha moción no Pleno deste mes para esixir ó Executivo Central que reanude estas actuacións.

Coa iniciativa que PSdeG e BNG levarán á vindeira sesión plenaria, a Deputación demandará ó Executivo Central que “axilice estas actuacións, fundamentais para a articulación das comunicacións de Lugo, a única provincia en Galicia que carece dunha conexión directa coa capital galega”. Para elo, a institución reclamará fondos estatais para estas obras na A-54, “que o Partido Popular decidiu parar en Lugo, discriminando unha vez máis esta provincia”.

O anterior Goberno Central adxudicou os traballos do treito Palas a Guntín desta Autovía no 2009 co fin de abrila ó tráfico a finais do 2014. “A decisión do PP de paralizar estas actuacións a lo menos durante dous anos deixa agora sen data de apertura á A-54 en Lugo”. Por este motivo, o Goberno lugués esixirá a Fomento que determine e fixe os prazos para a súa posta en marcha.

Reparar danos en vías provinciais

Coa esta moción, a Deputación instará ó Executivo Central a reparar “de xeito inmediato” as 3 vías provinciais con danos de 200.000 euros, provocados por polas obras agora paradas na A-54, tendo en conta que Fomento pretende manter o tráfico desviado polas mesmas malia os desperfectos que presentan, poñendo en perigo a seguridade dos seus viandantes.

Trátanse das CPs 4006, de Palas de Rei a Quintín; 2901, que une Palas con Friol; e 4009, de Ribeira por Vilaseñor a Rampa de Cubelo. Os trazados de varios treitos destas estradas, todos eles no Concello palense, modifícanse coa Autovía Lugo-Santiago. Por este motivo, e xa dende 2010, a institución luguesa foi poñendo a disposición do Ministerio de Fomento, segundo as súas peticións, estes viais para facilitar a execución das obras na A-54, levando a cabo cortes e desvíos viarios polas mesmas.

Actualmente, tal e como avalan os informes técnicos, estas vías teñen o firme gravemente danado; non teñen visibilidade nin ancho suficiente porque, por exemplo, hai verquidos de terra nas marxes das estradas; tampouco existen cunetas; hai excavacións de ata 3 metros de profundidade a menos de 1 metro da vía e non así barreiras de protección; carecen de sinalización, ou ben esta é insuficiente...

Por todo isto, a organismo provincial esixe ó Ministerio de Fomento que repare e asuma os danos, aclarando que “non hai inconveniente en manter o tráfico desviado por vías da Deputación sempre que o Goberno Central garanta a seguridade dos cidadáns”.