Deputación de Lugo

A área de sanidade da Deputación fará controis preventivos de lexionella no pazo dos deportes, no Museo Provincial e no hospital San Rafael.

A Xunta de Goberno aprobou diversas axudas da Área de Cultura.

Na rolda de prensa informouse sobre a xestión, dende a Deputación, do servizo de Teleasistencia.LUGO, 7 DE DECEMBRO. A vicepresidenta terceira da Deputación, Mª Xosé Vega, deu a coñecer hoxe, na rolda de prensa posterior á habitual Xunta de Goberno dos venres, os traballos que iniciará a área de sanidade para a prevención da contaminación por lexionella en instalacións dependentes da Deputación de Lugo. Estes controis levaranse a cabo nas instalacións térmicas do Pazo Provincial de Deportes, do Museo e do Centro Residencial e Rehabilitador de San Rafael (Castro Riberas de Lea). Estes traballos xorden despois de comprobar que nestas instalacións propiedade da Deputación non se estaban a seguir os criterios para a a prevención da contaminación por lexionlla nas instalacións térmicas recollidos tanto no Real Decreto 865/2003 e como no R D. 9/2001. Segundo asegurou Mª Xosé Vega “é fundamental facer este tipo de controis preventivos e evitar que no futuro poidan xurdir problemas sanitarios. Dende a área de sanidade imos a poñer os medios necesarios para facer estes controis naqueles edificios e instalacións que consideremos susceptibles de albergar a bacteria da lexionella”.Este programa de prevención levarao a cabo unha empresa especializada á que se lle adxudicará un contrato cun ano de duración. Os traballos consistirán en realizar tratamentos de desinfección nos sistemas de refrixeración e nos acumuladores, tamén realizarán tratamentos de desinfección nos sistemas de abastecemento de auga. Para comprobar a eficacia dos tratamentos efectuaranse analíticas periódicas nas instalacións.AXUDAS A EVENTOS CULTURAIS E TELEASISTENCIA.A vicepresidenta terceira, Mª Xosé Vega, tamén deu conta da aprobación da concesión de distintas axudas concedidas dende a Área de Cultura da Deputación para a organización de eventos culturais. Entre estas axudas destacan a concedida á Asociación de Escritores en Lingua galega para a celebración da “XXIV Edición do Galeuscat: “O imaginario na literatura”, que se celebrou en Mondoñedo e Lugo e a concedida á Sociedade Creación Máxicas S.L. para a organización da “V Semana Internacional de Maxia – LUGOMAXICO 2.007”. Tamén foi concedida unha axuda á Asociación de Amigos do Jazz (Escobijazz), para a realización do XVI Festival Jazz de Lugo. Noutro orden de cousas presentáronse tamén, na rolda de prensa, actuacións relativas ao servizo provincial de Teleasistencia, así Mª Xosé Bujan, informou da incorporación de 18 novos titulares dos concellos de: Lugo, Sober, Vilalba, Taboada, Sarria, Quiroga, Ribas de Sil e Becerreá, tamén houbo 30 altas de beneficiarios dentro do marco establecido. Ademais a vicepresidenta 3ª informou da baixa definitiva de 49 beneficiarios, a suspensión temporal de 7 beneficiarios, 3 cambios de domicilio, e 4 cambios de titularidade.