Deputación de Lugo

Presentada a sexta edición de Equigal, Salón do Cabalo de Galicia

Hoxe tivo lugar na Deputación Provincial de Lugo a presentación da sexta edición de Equigal 2013, Salón do Cabalo de Galicia, un evento que xira arredor do mundo do cabalo. Na rolda de prensa interviñeron Lara Méndez, Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Marta Rodríguez, directora técnica de EQUIGAL, así coma Rubén López, Director Xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Intervencións

Abriu o acto Lara Méndez, quen destacou que "esta fin de semana é cita obrigada na provincia de Lugo porque continúa aberta a mostra de Mulleres Emprendedoras do Rural, a Feira Fademur; e celebramos o congreso de redes sociais #INLUGO, reunindo ós mellores expertos en España deste sector; eventos ós que engadimos outro acontecemento imprescindible: o Salón do Cabablo de Galicia, que o ano pasado visitaron 15.000 persoas”. No mesmo senso, a Vicepresidenta Segunda salientou que “a nosa provincia vai a recibir a miles de persoas que pernoctarán, comerán e farán compras en Lugo, feitos que conlevan ó dinamismo da economía luguesa. Isto é apoir á economía. En época de crise, o sinxelo é recortar. Temos que aforrar, pero non deixar perder oportunidades económicas, coma este Salón do Cabalo de Galicia, que son un revulsivo económica para a provincia”.

Pola súa banda, Rubén López subliñou que "falar de EQUIGAL é falar da feria con maior reclamo socioeconómico no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Máis do 80% dos participantes no Salón de Cabalo son de fóra de Lugo, feito que repercute positivamente na economía da nosa provincia. En cada edición, o número de vendas increméntase e, polo tanto, a facturación. Este ano, vamos a ter exemplares de América, concretamente de Guatemala”.

No mesmo senso, salientou que Equigal xa está recoñecida como Feira Internacional. Deste xeito, o certame está entre as 12 mostras equinas en España con maior reconocemento, xunto ás de Sevilla, Xerez ou Pacheco. López destacou que “xogamos na primeira división. No noroeste do país, as feiras de prestixo son a de Lugo xunto á de Cataluña. E todo isto non sería posible sen a colaboración da Deputación que, dende o primeiro ano, apostou por Equigal, por impulsar o sector do cabalo e a gandeiría".

Neste punto, hai que salientar que o organismo provincial é o máximo patrocinodor de este consolidado Salón do Cabalo, achegando para elo 18.000 euros.

O director xerente do Pazo de Feiras e Congresos avanzou, ademais, que "Equigal poderá seguirse en streming, en Internet, para que se valoren os exemplares dende calquera lado do mundo, cuestión moi importante porque estas valoracións van a determinar os prezos".

Finalmente, Marta Rodríguez indicou que "nesta edición incrementamos o número de gandeirías participantes. Son 53 cando a media de calquera mostra é de 20, batimos o récord en España. En concurso, cando o ano pasado houbo 100, este ano temos 129".

Equigal 2013, Salón do Cabalo de Galicia, III Memorial Manuel Dopico

O Salón do Cabalo de Galicia – Equigal 2013 celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 7 ao 9 de xuño de 2013. O Salón acollerá as máis diversas modalidades hípicas nas súas diferentes vertentes así como o emerxente mercado equino de Galicia. En total serán máis sesenta as gandarías equinas participantes e máis de 150 o número de exemplares, entre cabalos e eguas de distintas razas.

En Equigal terá lugar unha ampla gama de actividades e espazos arredor do mundo do cabalo. Os mellores animais das diferentes razas criadas en Galicia daranse cita en en Lugo nun Pazo de Feiras e Congresos que dispón para Equigal de 10.000 m 2

Organización e patrocinadores

Equigal 2012 é un evento organizado pola Fundación Feiras e Exposicións e pola Deputación Provincial de Lugo, tamén principal entidade patrocinadora.
Conta ademáis co apoio do Concello de Lugo e a Fundación Rof Codina.

Do mesmo xeito, colaboran na organización as asociacións: Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA), Asociación Nacional de Criadores de Cabalos Españois (ANCCE), Asociación Galega de Criadores de Pura Raza Española (AGACPRE), o Club Hípico Equigal e a Asociación Deportiva Lucense de Doma.