Deputación de Lugo

A Deputación mellora con 30.000 euros a estrada a Vilarbacú, potenciando o turismo a esta antiga zona mineira

Este núcleo acolle as minas -hoxe sen uso- e as vivendas destes profesionais que, durante anos e ata os 50, extraeron este mineral para exportalo a Alemaña. Cara o sur, pódese contemplar todo o val do río Quiroga e o seus afluentes. Cara o norte, idílicas paraxes da Serra do Courel Estas obras, que benefician de xeito directo ós 50 veciños e traballadores da canteira de pizarra, enmárcanse na aposta pola mellora das comunicacións para favorecer a vida no rural con servizos que contribúan á igualdade de oportunidades e combatan o despoboamento demográfico

A Deputación mellorou a CP-5001 de Ponte de Barreiro a Vilarbacú con 30.000 euros de fondos propios. O organismo provincial actuou no último treito desta vía, pavimentando preto de 1 quilómetro, acondicionando cunetas e executando as correspondentes obras de drenaxe.

Estas actuacións enmárcanse na aposta pola mellora das comunicacións, co arranxo da que é a rede viaria provincial máis extensa de España ó superar os 4.200 quilómetros, para favorecer a vida no rural mediante a prestación de servizos, que contribúan á igualdade de oportunidade ós cidadáns residentes en pequenos núcleos e fagan fronte ó despoboamento demográfico.

Deste xeito, con estas obras a institución beneficia de xeito directo a unhas 50 persoas, ós veciños de Vilarbacú e ós traballadores da canteira de pizarra que acolle esta localidade. O organismo provincial potencia ademais o turismo á zona, con gran riqueza natural e patrimonial por varios motivos:

- dende este espazo, cara o sur pódese contemplar todo o val do río Quiroga e os seus afluentes, así como, cara o norte, idílicas paraxes da Serra do Courel.

- nela sitúanse as minas –hoxe sen uso- e as vivendas destes profesionais que, durante anos e ata a década dos 50, dedicáronse á extracción deste mineral para exportalo a Alemaña. Actualmente, isto conforma un escenario único, co que se pode constatar o traballo levado á cabo neste antigo núcleo mineiro.