Deputación de Lugo

O Resurrection Fest bate récords de asistencia e convértese nun referente mundial

A Deputación e Concello de Viveiro colaboran cos organizadores xa que consideran o festival un importante revulsivo económico para toda A MariñaDurante 3 días grupos de fama mundial atraeron a milleiros de seguidores ata ViveiroA Fundación Tic, organismo dependente da Deputación retransmitiu por streamming os concertos dos 3 días de festival

Un ano máis milleiros de persoas se achegaron ata Viveiro para desfrutar do mellor heavy metal, hardcore e punk do mundo no Resurrection Fest. Os organizadores calculan que durante os 3 días de concertos pasaron polas instalacións unhas 30.000 persoas chegadas de máis de 20 países diferentes.

A Deputación considera esta cita unha importante oportunidade económica para toda a Mariña e leva anos colaborando cos organizadores. Nesta ocasión a institución provincial achegou 10.000 euros para o desenvolvemento do festival e máis a Fundación Tic se encargou da emisión en streaming de todo o evento.

Este festival de música converteuse en poucos anos en referente mundial pola fama internacional dos grupos que se achegan á cita. Para este ano a Deputación mantivo a contía da súa achega, a pesar da crise. Foron máis de 40 concertos que se distribuíron nos 3 días de festival entre 3 escenarios diferentes. O cartel deste ano incluía grupos de sona considerados entre os mellores do mundo.

Dende o Concello de Viveiro destacan que o festival atrae cada ano a máis visitantes e que deste xeito serve de escaparate para dar a coñecer a vila. Grazas á boa organización, o festival transcorre sen incidencias e os visitantes desfrutan de toda a beleza da zona, e os servizos necesarios para facer a súa estadía máis agradable. Moitos deles repiten cada ano e á súa experiencia se suman máis amigos que engrosan as cifras de asistentes ó festival.

Destacar o bo comportamento dos asistentes ó festival por respectar todas as indicacións que a organización do evento establecía. O Concello de Viveiro ve positivo e moi importante este festival posto que supón o mantemento e incremento do emprego no sector servizos dentro do municipio e arredores.

Este ano, Lamb of God, Trivium, Sylosis, Slayer, Millencolin, Exodus, Bad Religion e Biohazard, fixeron as delicias dos asistentes que puideron tamén seguir os concertos a través das pantallas habilitadas coa realización da Fundación Tic. Os que tiveron que quedar na casa, tamén puideron ver os seus grupos favoritos na canle por internet http://resurrection.tv


Importante oportunidade para dar a coñecer A Mariña
Dende a Deputación consideran que o Resurrection Fest, ó atraer tanta xente e grupos tan coñecidos é unha importante oportunidade para dar a coñecer a Mariña como destino turístico. Segundo os organizadores, á cita acude público de moitos países diferentes que desfrutan do Festival e de toda a riqueza da zona, contribuíndo á súa promoción fóra e a xerar riqueza en sectores estratéxicos como a hostalería e o turismo. Segundo un estudo da Universidade de A Coruña , en tan só 3 días, o evento deixa na cidade do Landro máis de 1,4 millóns de euros.