Deputación de Lugo

70 mozos lucenses aprenderán en Europa coñecementos profesionais para aplicar no noso país

A Deputación de Lugo convoca por segundo ano consecutivo as bolsas de formación Leonardo Da Vinci para mellorar a inserción laboral da mocidade lucenseGrazas ós idiomas e á experiencia, os estudantes teñen máis posibilidades de atopar traballo á súa voltaAs bolsas son a custe cero para os beneficiarios, que voltan a España con novos coñecementos para aplicar no seu campo de traballo

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, presentou este mércores a segunda edición das bolsas Leonardo Da Vinci. Trátase dunha iniciativa impulsada polo organismo lugués e cofinanciada pola Unión Europa para que titulados universitarios ou de F.P. poidan completar a súa formación en Europa, antes de regresar a España. O Presidente estivo acompañado na presentación de dous beneficiarios destas bolsas da edición do ano pasado que animaron ós mozos lucenses a inscribirse na oferta formativa, sen custe algún para os participantes, e contaron a súa experiencia no estranxeiro.

Nesta edición Leonardo ofértanse en total 70 bolsas formativas para facer prácticas en Europa. O programa non ten custe algún para o beneficiario xa que os organizadores búscanlle o aloxamento, o lugar de formación e ata as viaxes, o que permite que os rapaces se centren só na súa aprendizaxe. Ademais

Ás bolsas, explicou Gómez Besteiro, poden optar mozos lucenses recén titulados en profesións relacionadas cos seguintes sectores: medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo, ciencias da vida (bioloxía, medicina, biomedicina, bioquímica, botánica...) e audiovisuais.

O mandatario provincial destacou que o “obxectivo do programa é formarse en Europa pero voltar ó país e triunfar no seu campo profesional”. Segundo o máximo mandatario provincial se trata dunha importante oportunidade para completar a formación da mocidade que busca mellorar o seu currículum e aprender das experiencias laborais noutros países”. Pero ademais, destacou Gómez Besteiro, “os bolseiros volven a España cos coñecementos adquiridos e con maiores posibilidades de atopar traballo nas empresas, como lle ocorreu a algúns dos participantes”. Para O Presidente da Deputación, unha das claves para saír da crise é que non se vexan obrigados a marchar os mozos que poden desenvolver a súa carreira profesional no país e, por iso, “a Deputación apoiará todas as iniciativas que complementen a súa formación e lles permitan vivir en España”.

A Deputación de Lugo é a única administración provincial de Galicia á que lle aprobaron dous programas de becas diferentes: para universitarios e para Formación Profesional. As bolsas están dotadas cun orzamento de 309.000 euros, dos que a UE achega o 70%, é dicir, 210.000 euros. Os beneficiarios farán prácticas en empresas de países europeos durante un período de entre 3 meses e 3 meses e medio, como Austria, Italia, Portugal, República Checa e Reino Unido son algún dos destinos que se ofertan.

Testemuños dos participantes

Na presentación da edición deste ano das bolsas Leonardo da Vinci, acompañaron ó Presidente, dous dos rapaces que foron beneficiarios o ano pasado. Os dous destacaron a importancia que a experiencia tivo tanto no seu currículum como a nivel personal e animaron ós mozos lucenses a participar.

Tamara Rubiños foi beneficiaria dunha bolsa Lugojob, e traballou como titulada en socioloxía na Universidade de Cork, en Irlanda. Alí axudou no Departamento de Criminoloxía, especialidade que estudou. Tamara anima ós mozos da provincia a buscar a súa opción entre os lugares que ofrecen as bolsas Leonardo e asegura que a experienica lle servíu para saberse capacitada para desenvolverse. Felipe Neira, beneficiario dunha bolsa TicLugo viaxou a Módena, onde traballou no departamento de márketing do Concello. Asegura que aprendeu moito traballando ó ter que adaptarse a un xeito diferente de facer as cousas. Ademaís destaca a experiencia de coñecer outro país e outra cultura e anima a todo o mundo a incribirse para participar no programa porque segundo él a experiencia enriquece tanto personal como laboralmente. Os dous rapaces que acompañaron a ó Presidente da Deputación, destacan que á súa volta, despois de desfrutar da bolsa, teñen maiores posibilidades de atopar emprego.

Na provincia de Lugo, ó igual que no resto de Galicia, existe unha elevada taxa de paro entre os mozos, que teñen dificultades en atopar traballo, a pesar da súa formación. Esta situación provoca a marcha de moitos mozos lucenses na busca de emprego fora da nosa provincia e no estranxeiro, pero sen formación adecuada. Dende a deputación consideran que esta situación repercute negativamente no desenvolvemento da nosa provincia, por isto solicitan dende a entidade provincial a convocatoria de novas bolsas para que os mozos lucenses se formen no estranxeiro pero poñan en práctica os seus coñecementos na provincia, abrindo, deste xeito, novas posibilidades laborais.

Dous tipos de becas

As 70 becas Leonardo que ofrece a Deputación son de dous tipos:

- As Lugojob, solicitadas pola propia Deputación, e que teñen 50 prazas. Están dirixidas a mozos da provincia menores de 35 anos que conten cunha titulación universitaria acadada nos últimos catro anos e que se atopen en desemprego, preferentemente sen experiencia laboral previa. As titulacións deberán estar relacionadas co medio ambiente, agroalimentación, gandeiría, pesca, informática, turismo e ciencias da vida. Os beneficiarios farán prácticas durante tres meses e medio en empresas de Hamburgo, Viena, Florencia, Lisboa, Praga, Belfast e Cork.

- As Ticlugo, xestionadas pola fundación TIC. Neste caso son 20 prazas, especificamente destinadas ós titulados da Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro educativo da provincia que imparte ensinanzas de formación profesional da familia audiovisual, e que está sostida ó 100% pola Deputación. Os aspirantes a estas becas –as primeiras que ofrece a TIC no estranxeiro- teñen que ter terminado nos últimos tres anos os estudios de Produción de Radio, Audiovisuais e Espectáculos, ou de Realización de Audiovisuais e Espectáculos, na Escola de Imaxe e Son. Darase prioridade a persoas en situación de desemprego e a aquelas que non poidan acceder a este tipo de prácticas laborais no estranxeiro por razóns económicas. O período de prácticas será de tres meses en empresas de Irlanda, Módena e Lisboa.

A Deputación de Lugo dirixe 50 das becas a universitarios para adaptarse ás condicións establecidas pola Unión Europa para os programas Leonardo, aínda así, a firme aposta do organismo provincial pola FP fixo posible ofrecer 20 bolsas nestas titulacións.

Os prazos

Hoxe mesmo a Deputación inicia unha campaña de información sobre estas bolsas de emprego, colgando na súa web www.deputacionlugo.org as súas características e os requisitos para acceder a elas, co fin de que o maior número de mozos posible teñan a posibilidade de beneficiarse delas. Os interesados tamén poden chamar ó teléfono 982 260 216 ou enviar un correo electrónico a becasleonardo@deputacionlugo.org

Tal e como pide a UE:

- En setembro publicaranse as bases de selección e, inmediatamente, abrirase o prazo para inscribirse

- En outubro farase o proceso de selección e publicarase a lista de admitidos e excluídos na web provincial

- En novembro tramitarase a documentación para que os mozos seleccionados poidan partir en xaneiro ó país de destino, onde recibirán formación ata finais de maio, principios de xuño.