Deputación de Lugo

A Deputación acondiciona a contorna das instalacións da Sociedade Protectora de Animais e Plantas en Santa María de Muxa

López Izquierdo supervisou os traballos de roza e poda na zona que está levando a cabo a institución provincial, financiados con 7.000 euros, e que rematarán esta semana A Deputación responde así á solicitude dos responsables da Protectora e dos veciños das inmediacións, tamén afectados polo crecemento incontrolado da vexetación e das árbores

A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, acompañada polo presidente da Sociedade Protectora de Animais e Plantas de Lugo, Javier García Calleja, supervisou esta mañá os traballos silvícolas que a Deputación de Lugo está levando a cabo na contorna das instalacións que a Protectora ten na parroquia lucense de Santa María de Muxa, e que rematarán nos vindeiros días.

Estes traballos, dotados cun orzamento de 7.000 euros, están financiados directamente pola institución provincial a través de área de Medio Ambiente, e consisten na roza da vexetación e na poda en altura de ducias de árbores na contorna das instalacións da Protectora, en concreto, nunha zona cunha superficie de 140x2,5 metros que rodea ó albergue. Unha vez rematados estes traballos, a Deputación tamén se fará cargo do transporte dos restos vexetais, que inclúen os pés de 10 exemplares de Piñeiros de California (Pinus radiata).

O crecemento incontrolado da vexetación supoñían unha molestia para os animais e dificultaban as tarefas dos traballadores da Protectora. Ademais, as árbores podadas afectaban ós pequenos refuxios nos que se resgardan os animais e que estropeaban e amezaban á estabilidades dos mesmos.

A Deputación de Lugo respondeu deste xeito á solicitude de axuda formulada por parte non só dos responsables da Sociedade Protectora lucense, senón tamén dos veciños da zona, afectados polo mal estado das fincas cercanas e das especies arbóreas que crecían nestas.