Deputación de Lugo

A Deputación inviste preto de 22.000 euros na mellora de servizos para os veciños de Pantón

Imaxe deputación de lugo
As actuacións do Plan de Comunidades veciñais inclúen o adecementamento de viais, arranxo de fontes públicas e actuacións en locais sociaisAs obras son de grande importancia para veciños que levaban tempo agardando estas mellorasA Deputación inviste neste plan 2 millóns de euros que se reparten entre 232 pequenas obras en todos os concellos da provincia

Varias Asociacións de Veciños de Pantón se beneficiaron das subvencións da Deputación para entidades asociativas. Na convocatoria de 2012 se concederon a este concello 5 actuacións diferentes que comprenden dende o arranxo de fontes públicas ata a dotación de mobiliario para un local social. En total foron 21.900 euros que se dedicaron á mellora de servizos en varias parroquias.

En Vilar os veciños levaban tempo reclamando o acondicionamento da fonte pública, moi empregada e que se atopaba nun estado deplorable. As obras permitiron recuperar o lugar como punto de reunión para os veciños. Dedicáronse a esta actuación 4.000 euros. Contía similar se destinou ó acondicionamento doutra fonte, tamén moi empregada en Goián.

As axudas do programa de subvencións da deputación tamén serviu para mellorar as instalacións de varias asociacións de Pantón. Asociación veciñal e cultural Cabalo Branco de Santiago de Cangas empregou 2.500 euros na construción dun almacén que da servizo ó seu local social. Por outra banda, a Asociación de veciños de San Martín solicitou axuda para ampliar o tellado da casa Escola e dotar de mobiliario o local. En concreto, grazas á subvención puideron comprar un lavavaixelas, unha neveira e unha estufa. Xa no exterior das súas instalacións acometeron o encintado dun muro. A contía que se lles adxudicou foi de 7.400 euros.

Estas asociacións destacan por ser moi activas e organizar numerosas actividades ó longo do ano nas que participan un gran número de veciños, de aí o interese por ter as súas instalacións en perfecto estado e contar con tódolos servizos necesarios para atender ós seus socios.

As obras realizadas no Concello de Pantón con cargo ós plans veciñais tamén incluíron o acondicionamento de camiños do barrio de Ribas de Sil, na parroquia de Pombeiro. Estas eran unhas actuacións moi demandadas polos veciños que levaban anos solicitando ó concello estas obras para evitar perigos nas pistas deste lugar da ribeira e que recibiron 4.000 euros para a realización destes traballos.

As axudas do plan financian o 100% das actuacións solicitadas por veciños e asociacións en tódolos concellos da provincia e por valores que van dende os 1.700 euros ata os 12.000 e comprenden actuacións moi diferentes coma a colocación de tellados ou a dotación de mobiliario para asociacións ata o acondicionamento de vías ou a instalación de servizos básicos como auga.

Actuacións en todos os concellos da provincia
O programa de subvencións contempla actuacións nos 67 concellos da provincia que solicitaron orzamento para acometer 232 obras diferentes. Son actuacións de asociacións e particulares que pediron axudas para realizar actuacións de establecemento, dotación, ampliación e mellora de servizos de interese veciñal. O orzamento total do plan é de 2 millóns de euros, orzamento que a Deputación mantivo apra este ano 2013 dentro do plan de axudas que se ven de aprobar hai uns días en Xunta de goberno e polo que se realizarán outras 243 obras de interese comunitario.