Deputación de Lugo

A Deputación comeza mañá as obras de arranxo da estrada do Páramo e esíxelle á Xunta o acondicionamento do seu treito

O acondicionamento de parte da estrada San Xiao-Portomarín que lle pertence á Deputación de Lugo comezará mañá, tal e como se anunciou no plan de rebacheo provincial cando foi presentado en xuñoO Deputado de Vías e Obras, Manuel Martínez, reclámalle ó alcalde que pida coa mesma insistencia que arranxen outro tramo da mesma estrada dependente da Xunta de máis de 6 kilómetrosA Deputación nunca tivo resposta do Alcalde do Páramo cando lle propuxo por escrito acometer os traballos conxuntamente coa Xunta. O alcalde xa se negara anteriormente a pedirlle á Xunta que arranxase o seu treito

O Deputado de Vías e Obras, Manuel Martínez, anunciou que mañá mesmo comezarán as obras do Plan de Rebacheo da Deputación na estrada que une O Páramo e Portomarín. Estas obras xa estaban previstas para estas datas no plan para este ano que presentou a institución provincial en xuño. Por este motivo, critica a postura do alcalde de O Páramo que esixe á Deputación que arranxe a estrada, pero non lle reclama á Xunta que acondicione o tramo que lle corresponde.

Manuel Martínez explica que a estrada que une O Páramo e Portomarín divídese en 3 tramos diferenciados. Os dous primeiros son de titularidade provincial e o terceiro pertence á Xunta. Trátase dunha estrada cun gran desgaste polo paso de vehículos polo que a Deputación xa acometeu obras de mellora en varias ocasións. Nos últimos anos se acondicionaron 5 kilómetros con aglomerado en quente, que precisa menos mantemento, e máis se colocou sinalización vertical e horizontal no trazado. Deste xeito, se melloraron considerablemente as condicións do firme e a seguridade para os vehículos no tramo que vai dende Pobra de San Xiao ata A Feira do Páramo. A Deputación investiu nas estradas deste municipio máis de medio millón de euros nos últimos anos.

Pola contra, a Deputación preocúpase pola situación do tramo que é titularidade da Xunta, xa que descoñece se o goberno autonómico ten previsto realizar obras de acondicionamento no seu tramo. Son 6,3 kilómetros que une Cendoi co municipio de Portomarín. O 22 de febreiro, debatiron neste concello, unha moción na que o alcalde se negou a pedirlle á Xunta o arranxo da vía de titularidade autonómica, o que segundo Manolo Martínez “demostra que o alcalde non ten interese en mellorar os servizos ós veciños e si en botar as culpas á Deputación”. Cre ademais o deputado de Obras que “o alcalde pretende confundir ós veciños coa titularidade das estradas, facéndolles crer que é responsabilidade da Deputación”.


A Deputación incluíu no seu plan de rebacheo para o 2013, dotado con 5,5 millóns de euros, o segundo tramo desta estrada que continua dende A Feira en dirección Portomarín. Os veciños amosaron a súa preocupación polo estado da estrada no seu último tramo que é titularidade da Xunta, polo que a Deputación envioulle un escrito oficial ó concello con data 1 de xullo, para instar á Xunta a acondicionalo e volver ofrecer a posibilidade de acometer conxuntamente Deputación e Xunta as obras de mellora.

Nunca tivo tivo contestación ó respecto, polo que a Deputación insiste que descoñece si é que o alcalde aínda non lle remitiu a oferta de colaboración á Xunta ou é que esta non está por realizar a labor conxunta.

A Deputación insiste en que a Xunta ten paralizado o programa de transferencias das estradas provinciais. Unha das que propón a instituación provincial é precisamente esta que une Portomarín, Páramo e Pobra de San Xiao, unha carretera que consideran que vertebra todo municipio de O Páramo. A Deputación Provincial de Lugo conta coa rede máis extensa de estradas de titularidade provincial, 4.200 kilómetros e recorda que o goberno autonómico da Xunta ten unha rede de algo máis de 5.000 kilómetros mentres que o seu orzamento para mantemento é 10 veces superior ó da Deputación.