Deputación de Lugo

A Deputación leva a cabo traballos de mellora do firme en vías provinciais dos Concellos de Xermade e Ourol

Imaxe deputación de lugo
Os equipos da institución provincial acondicionan con aglomerado en quente diferentes puntos das estradas provinciais LU-P-2212 e LU-P-3810 A Deputación destina 5 millóns de euros ó bacheo da rede viaria provincial, de máis de 4.200 quilómetros, acondicionando todos os puntos que o necesiten

A Deputación de Lugo continúa coas tarefas de mellora do firme de vías provinciais situadas nos Concellos de Xermade e Ourol. Nestes municipios, que forman parte da zona 1, das 8 nas que o organismo provincial ten dividida a rede viaria provincial, as actuacións lévanse a cabo nas estradas LU-P-2212, en Xermade e a LU-P-3810, en Ourol.

Os traballos previos de acondicionamento, incluídos dentro do Plan de Rebacheo, xa están rematados, polo que agora dan comezo as tarefas de aplicación de aglomerado en quente naqueles puntos onde é necesario. Estas obras supoñen unha considerable mellora para os veciños da zona e de poblacións cercanas, xa que dan servizo coma enlace entre estas localidades e a LU-640.

Traballos en todas as vías provinciais
En 5 anos, o Goberno provincial multiplicou por 10 o número de quilómetros con aglomerado en quente, e hoxe son 1.000 os que contan con este material. Tendo en conta que esta superficie está en boas condicións, o número final de quilómetros sobre os que se intervirá co Plan de Rebacheo é de 3.200. Os traballos acométense con cargo ó Plan de Conservación de Estradas 2013, a través do que a Deputación está a actuar no 100% das vías provinciais. Para garantir unha atención rápida e eficaz ós veciños e aforrar custes, a institución luguesa dividiu a rede viaria provincial en 8 zonas.

Ademais de aglomerar en quente 1.000 quilómetros, o Executivo provincial acometeu dende a súa chegada á Deputación outras importantes melloras nas estradas da súa competencia, como a sinalización e balizamento das vías dos 67 Concellos lucenses. Entre outras actuacións:
Colocou máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop).
Un milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas.
Máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña.
Sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades.
Instalou cerca de 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.