Deputación de Lugo

A Deputación organiza o primeiro Encontro de Cociña Solar na provincia

A institución convértese na primeira administración pública en Galicia que apoia unha iniciativa destas características, dentro da súa aposta polo medioambiente para xerar riqueza na provincia de xeito sostibleÁlvaro Santos salientou que “esta actividade goza dunha grande aceptación en países que posúen fortes políticas medioambientais, que buscan solucións enerxéticas limpas”O encontro, totalmente gratuíto para os participantes, inclúe un obradoiros sobre a construción dunha cociña solar, unha exposición de fornos solares e unha conferencia a cargo de Celestino Rodrigues Ruivo, profesor do Instituto Superior de Engenharia da Universidade do Algarve en Portugal

A Deputación de Lugo, dentro da súa aposta polo medioambiente para xerar riqueza de xeito sostible na provincia, ofrece este xoves na Praza de San Marcos o primeiro Encontro de Cociña Solar na provincia, converténdose na primeira institución pública en Galicia que apoia unha iniciativa destas características. O Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, Álvaro Santos, e o director de Ouvirmos, Xosé M. Aldea, presentaron este martes esta novidosa actividade, totalmente gratuíta para os participantes, ó estar financiada con 1.800 euros polo organismo provincial.

Álvaro Santos destacou que “este proxecto busca dar solución ós problemas medioambientais que se están a producir debido ó alto consumo enerxético, fomentando así o uso das enerxías renovables”. O Deputado salientou que “esta iniciativa, a parte de ser orixinal, goza dunha gran aceptación en países que posúen fortes políticas medioambientais, que buscan solucións enerxéticas limpas. Debemos por os nosos ollos neses países e crear políticas e actividades que fomenten o respecto ó medio que nos rodea”. Xosé Aldea, tamén valorou que “este tipo de cociñas esta sendo patrocinadas e promocionadas por organismos como a ONU e por un grande número ONG para suplir as carencias enerxéticas en países en desenvolvemento ” posto que “a eficacia e moi alta e o seu custe e moi escaso”

Programación do Encontro
A actividade da Cociña Solar que propón a Deputación de Lugo da comezo ás 16:00 horas cun obradoiro no que se fará unha demostración para aprender como se constrúe unha cociña deste tipo, con custes moi baixos e que ten unha elevada eficacia. Para esta actividade, o número de prazas é limitado, sendo 20 as persoas que poderán participar no obradoiro. Ó remate desta actividade, comezará a exposición pública dos fornos solares, que dará conta do seu funcionamento. Para as inscricións, máis información en www.deputacionlugo.com ou no teléfono 982 22 78 12.


Experto de Portugal
Ás 20:00 horas, dará comezo unha conferencia sobre os tipos de cociña solar que existen. A charla vai a cargo do Enxeñeiro e Profesor do Instituto Superior de Engenharia da Universidade do Algarve en Portugal, Celestino Rodrigues Ruivo. O Profesor é unha das máximas autoridades no campo da cociña solar no país luso. Dende 2006 ven promocionando esta tecnoloxía, a través de actividades en diferentes rexións de Portugal, así como en España ou Brasil.