Deputación de Lugo

Martínez: 'outra vez o PP chega tarde; a Deputación xa está solucionando as súas chapuzas na Fonsagrada'

Imaxe deputación de lugo
A institución conta cos proxectos de mellora da LU-P-1901 e LU-P-1910, “que o Partido Popular deixou nun estado tercermundista”, á espera dos terreos para a súa execución“O Partido Popular debería esixir á Xunta que resolva as expropiacións da LU-P-1901, que mantén bloqueadas dende hai máis dun ano, e para as que a Deputación reserva 250.000 euros”Martínez destaca o “esforzo inversor” por mellorar as comunicacións viarias da Fonsagrada, con máis de 2 millóns de euros nas últimas actuacións na rede viaria provincial do municipio

O Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez, subliñou este martes que “outra vez o Partido Popular chega tarde; a Deputación xa está a solucionar as súas chapuzas na Fonsagrada”, facendo referencia, deste xeito, ás reclamacións para o arranxo da LU-P-1901 e LU-P-1910, “que o PP deixou en estado tercermundista”.

Martínez subliñou “a pouca vergoña dos populares”, cando “enganaron ós veciños, prometendo a mellora da LU-P-1901”, que enlaza A Fonsagrada con Navia de Suarna, “co famoso plan dos 50 millóns de euros, que nunca executaron porque non contaban con cartos nin terreos”. En contraposición, destacou o Deputado, “este Goberno Provincial inviste 250.000 euros nas expropiacións, pendentes de resolución, dende hai máis dun ano, por parte da Xunta. O PP da Fonsagrada debería esixir ós seus compañeiros no Goberno galego que axilicen este proceso e que, dunha vez por todas, se impliquen coa Montaña luguesa. Sen embargo, non o fan, e adícanse a facer reclamacións a outras administracións, cando non son capaces de que Feijóo traia un só euro para a provincia”.

A institución luguesa está á espera, dende abril do 2012, de que o Xurado de Expropiacións, departamento da Conselleira de Infraestruturas, Territorio e Medio Ambiente da Xunta de Galicia, resolva o proceso de expropiacións, para o que a Deputación ten reservado 250.000 euros, á espera do xustiprezo. Unha vez liquidado este proceso, obrigatorio por lei, o organismo provincial poderá iniciar a execución do proxecto de mellora desta vía, que xa ten redactado. No caso da LU-P-1910, que conecta a Fonsagrada con Asturias, estase a tramitar a cesión dos terreos necesarios para o ensanche desta estrada.

“Esforzo inversor”

O Deputado salientou “o esforzo inversor deste Goberno Provincial por mellorar as comunicacións viarias na Montaña, que o PP deixou intransitables e con grava”, lembrando o aglomerado das vía de Acebo a Negueira, no que a institución investiu 105.000 euros; o de Rioxoán, por Boel, Chao de Pousadoiro e Carballiño, a Asturias, con 540.000 euros; ou do o de Becerreá ata Louxa, de 1 millón de euros. Martínez adiantou que nos vindeiros días a institución iniciará as obras de mellora da CP-1904, con outros 200.000 euros, así como o remate das actuacións de rebacheo dos 133 quilómetros provincias que discorren pola Fonsagrada, con 300.000 euros.