Deputación de Lugo

A Deputación e ACRUGA subastarán en A Fonsagrada sete xovencas preñadas da Granxa Gayoso Castro

Imaxe deputación de lugo
O Deputado provincial, Manuel Martínez asistirá ó XXXVIII Concurso de Gando, no que se subastarán estes animais de excelentes características morfolóxicas, xenéticas e reprodutivasA colaboración da Deputación enmárcase dentro do convenio que o organismo provincial mantén con ACRUGA dende 2007 para expandir a raza

A Fonsagrada acolle este sábado día 7 no recinto feiral o seu XXXVIII Consurso-Exposición de Gando, que celebra, por terceiro ano a subasta de novillas, organizada pola Asociación de Criadores de Raza Rubia Gallega (Acruga).

Ademais dos atractivos do concurso, con premios que se outorgarán os mellores lotes e animais produtores, e da exposición de gando, con presenza de excelentes exemplares, a subasta de sete novillas organizada por Acruga, será un dos pratos fortes das festas da Fonsagrada. A partir das 12.30 horas do sábado poderase poxar polas sete novillas preñadas, procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependende da Deputación de Lugo. Os exemplares, de entre 19 e 22 meses de idade, terán un prezo de saída de 1.800 euros e unha axuda de 200 euros por parte da Caixa Rural. As tarxetas para tomar parte na poxa poderán retirarse a partir das 11.30 horas no mesmo recinto feiral.

Na roda de prensa celebrada hoxe, tanto o alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, como o presidente de Acruga, César Dorado, destacaron o importante papel que xoga a gandeiría, e en especial o gando de carne, neste concello da montaña lucense, o primeiro produtor de tenreira galega suprema e no que hai máis de 8.000 vacas produtoras e 300 explotacións, segundo explicou o propio alcalde do municipio.

O presidente de Acruga falou da importancia da rubia galega na Fonsagrada, concello no que hai contabilizadas 55 explotacións con exemplares desta raza e rexistradas case 2.100 cabezas de gando de raza rubia galega. No municipio da Fonsagrada conviven explotacións con asturiana e rubia galega, aínda que esta ultima segue aumentando a súa presenza na zona. De feito, nos últimos catro anos houbo seis incorporacións á raza. Argelio Fernández tamén falou da adaptación desta raza á climatoloxía da Fonsagrada, explicando que “demostrouse que a rubia galega desenvólvese moi ben nesta zona, pese os invernos duros. A calidade da carne e dos canais é excelente, e a raza é actualmente moi competitiva”.

César Dorado destacou ademais as boas características morfolóxicas, xenéticas e reproductoras destes exemplares, procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro. Neste centro, Deputación de Lugo e Acruga, traballan conxuntamente dende hai anos na recría dun rabaño de élite, para promover a expansión e a mellora da raza rubia galega. A subasta de novillas deste centro é unha das máis importantes actividades coa que contribúen a este labor de promoción.