Deputación de Lugo

A Deputación súmase ó día de loito nacional polas vítimas do peor sinistro mineiro de España nos últimos 18 anos

As bandeiras da provincia e de España ondean a media hasta en sinal de dó polos 6 falecidos, entre os que se atopaba Juan Carlos González, natural das Nogais

A Deputación súmase ó día de loito nacional decretado para hoxe, tal e como recolle o Boletín Oficial do Estado, con motivo do sinistro mineiro máis grave en España dos últimos 18 anos, que tivo lugar no municipio leonés de Pola de Gordón.

As bandeiras da provincia e de España ondean a media hasta en sinal de dó polo falecemento de 6 persoas que traballaban no Pozo Emilio del Valle cando tivo lugar o escape de gas, entre as que se atopaba Juan Carlos González, natural do Concello lugués das Nogais.

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, trasladou este pasado martes, durante a celebración do Pleno, as condolencia e o apoio da Corporación Provincial ós familiares das vítimas mortais desta traxedia.