Deputación de Lugo

A Deputación crea dúas rutas medioambientais involucrando a 36 empresas da Mariña Central que dan emprego a 120 persoas

Alfredo Llano mantivo en Foz unha xuntanza con representantes de empresas coas marcas Lug02 e LugoSabe ós que deu a coñecer a iniciativaAs rutas forman parte do Lug02, programa da Deputación cofinanciado nun 80% por fondos europeos, que xera riqueza potenciando os recursos naturais da provinciaEn toda a provincia, a Deputación pon en marcha 13 rutas, 4 delas na Mariña, impulsando 200 establecementos e contribuíndo ó mantemento de 1.000 postos de traballo

O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano mantivo este martes unha reunión en Foz con representantes de empresas da zona que participarán nas rutas medioambientais que a Deputación creou para a Mariña Central e que contribuirán a manter 123 postos de traballo de 36 empresas involucradas. Trátase dunha nova iniciativa do programa europeo Lug02, que implica a PEMES e autónomos da provincia, cuxos establecementos acadaron as marcas de calidade LugoSabe e Lug02 da Deputación.

Alfredo Llano salientou que as rutas forman parte da aposta do organismo provincial polo medio ambiente como oportunidade de negocio e o aproveitamento dos recursos naturais para xerar novas oportunidades económicas para os negocios locais.

As rutas creadas pola Deputación percorren lugares de interese, destacando en cada caso aspectos do patrimonio natural e gastronómico. Deste xeito, propoñen a visita a empresas produtoras, con degustación de produtos nalgúns casos; a realización de actividades de aventura; a estancia en hoteis ou comidas en restaurantes, entre outras alternativas. As rutas poñen en valor os establecementos e os produtos autóctonos.

Na Mariña Central son dúas as rutas turísticas creadas polo organismo provincial:
“Iniciación á espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo”, é unha ruta de aventura, que percorre os municipios de Foz, O Valadouro, Alfoz, Barreiros, Mondoñedo e Lourenzá. No seu percorrido involucra o a 17 empresas e 55 traballadores. Son 11 establecementos hostaleiros, 5 restaurantes e propón 7 elementos naturais ou arquitectónicos que visitar na zona.

“Descubrindo a Faba de Lourenzᔠé unha percorre os municipios de Foz, Barreiros e Lourenzá destacando as cualidades gastronómicas deste produto autóctono. Involucra no seu percorrido a 9 establecementos hostaleiros, 7 restaurantes, 4 empresas produtoras e propón visitar 5 elementos naturais e arquitectónicos de interese. Son 19 empresas que dan traballo a 68 persoas.

Na Mariña, son 4 as rutas medioambientais, coas que o organismo provincial contribúe ó mantemento de 423 postos de traballo, impulsando a 77 empresas da zona. Ademais das dúas que se presentaron este mércores, a Deputación creou outros dous percorridos polos concellos de Viveiro, Xove, e Burela. Atréveste cun raid de aventura?”, percorre Viveiro, involucrando a 17 empresas que dan traballo a 137 persoas e “A evolución dos portos”, que percorre a zona de Xove, Burela e Viveiro, implica a 24 entidades con 163 traballadores en total

13 novas rutas na provincia

En toda a provincia son 13 os roteiros creados pola Deputación, que destacan en cada caso os produtos autóctonos propios de cada unha delas, e a súa riqueza natural e patrimonial. Nestes días, responsables da iniciativa, están a manter reunións coas empresas involucradas. As rutas programadas son 7 gastronómicas, 3 de turismo activo e outras 3 enoturísticas.

As empresas que contan cos selos Lug02 e LugoSabe tiveron que superar unha rigorosa auditoría para obter, de maneira totalmente gratuíta, estes distintivos de calidade. O organismo provincial ofreceulles estar amparados por esta marca a todos os establecementos e empresas produtoras da provincia, co obxectivo de mellorar a competitividade e o posicionamento no mercado. As entidades cos selos da Deputación teñen garantido novas vendas e, polo tanto, máis beneficios xa que, dentro do proxecto Lug02, o organismo provincial desenvolve varias iniciativas, como a creación destas rutas, a promoción en feiras e eventos, campañas divulgativas e a plataforma de comercio electrónico da Deputación,  www.losproductosdelugo.com, onde contan cun apartado específico para a venta electrónica.