Deputación de Lugo

O Centro de Interpretación Terras do Miño acolle este xoves unha charla gratuíta sobre Curiosidades Micolóxicas

Imaxe deputación de lugo
A conferencia correrá a cargo do presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, julián Alonso, quen afondará nas especies de cogomelos máis estrañosA charla comezará ás 19:00 horas e para asistir é preciso apuntarse con anterioridade na web www.deputacionlugo.org. A asistencia é gratuíta ata completar aforoA iniciativa forma parte da programación do Centro de Interpretación para o último trimestre do ano, que inclúe obradoiros e actividades para que toda a familia participe

O Centro de Interpretación Terras do Miño acollerá mañá xoves, 21 de novembro, a partir das 19:00 horas a charla Curiosidades Micolóxicas, que impartirá o Presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, Julián Alonso. Trátase dunha iniciativa que afondará nos especímenes máis estraños de cogomelos e nas súas peculiaridades menos coñecidas. A cita comprende tanto formación teórica como práctica, xa que os asistentes percorrerán as inmediacións do Río Rato na busca de diversos exemplares de setas.

Dentro da programación do Centro de Interpretación Terras do Miño para este outono, son varias as actividades dedicadas ós cogomelos. O día 30 de novembro, celebrarase un novo obradoiro familiar de Achegamento á micoloxía, a continuación do celebrado o pasado día 16 de novembro.

A programación do Centro de Interpretación para o último trimestre do ano inclúe obradoiros e actividades para toda a familia. A próxima cita será os días 6, 7 e 8 de decembro con obradoiros específicos para cativos nestes días non lectivos. Para máis información sobre as actividades e para inscribirse en www.deputacionlugo.org ou chamando ó 982 22-78-12.

Breve currículum

Julián alonso Díaz é licenciado en veterinaria e doutor en ciencias biolóxicas. É presidente da Sociedade Micolóxica Lucus dende 2001 e un experto conferenciante, que ten participado como poñente en congresos internacionais e, sobre a que ten publicados libros e artigos en revistas de todo o mundo.