Deputación de Lugo

A Deputación mellorará en Begonte as instalacións do club fluvial con 42.000 euros

Regina Polín concretou hoxe cos responsables do club as actuacións que se realizarán neste espazo de ocio a carón do río Ladra para mellorar as súas prestaciónsOs traballos consistirá na renovación do sistema de electricidade, fontanería e saneamento, substitución de parte da cuberta, restauración da carpintería exterior e pintura da fachada

A Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, mantivo este sábado un encontro cos responsables do club fluvial de Begonte para concretar as melloras que o organismo provincial realizará neste espazo, achegando para elo 42.000 euros.

As obras mellorarán o edificio dos vestiarios, no que se ampliará o espazo de almacenaxe e se renovarán as instalacións de electricidade, fontanería e saneamento. Ademais, substituirase parte da cuberta, restaurarase a carpintería exterior e pintarase a fachada.

Estes traballos contarán cun prazo de execución de 4 meses e cun investimento de 42.000 euros que sufragará, integramente, o organismo provincial. Trátase dunha actuación moi demandadas polos responsables e usuarios das instalacións, que verán renovadas as prestacións neste espazo de ocio, situada a carón do río Ladra.