Deputación de Lugo

O dispositivo por neve da Deputación centra a súa actividade en Pedrafita, Courel, Cervantes e Ribas de Sil

20 operarios e 10 máquinas despexan estradas destes Concellos, con acumulacións de neve de ata 1 metroHai 7 vías provinciais pechadas ó tráfico en Courel, Cervantes e Ribas de Sil, mentres que as de Pedrafita teñen a lo menos un carril abertoA institución prevé que se poida circular por toda a rede viaria provincial ó remate da xornada de hoxe, tendo en conta o intenso traballo das últimas 24 horas

A Deputación centra este martes os traballos de limpeza de estradas en Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes e Ribas de Sil. Son os Concellos con maiores dificultades de circulación, posto que as vías acumulan preto de 1 metro de neve.

20 operarios e 10 máquinas despexan as estradas destes municipios, mantendo pechadas ó trafico, arestora, 7 vías provinciais. Trátanse das seguintes: no Courel, as LU-P-1303 á altura de Visuña e LU-P- 4501 en Teixeira; en Ribas do Sil, a LU-P-3501 en Moa; e en Cervantes, as LU-P-1401, LU-P-1401, LU-P-0702 e LU-P-1405. En Pedrafita, as estradas provincias teñen a lo menos un carril aberto ó tráfico.

O organismo provincial espera ter todas as vías abertas ó remate da xornada de hoxe. Isto é posible tras reforzar con 104 operarios e 74 máquinas o operativo por neve, que traballou intensamente nas últimas 24 horas, despexando a totalidade de vías nos Concellos lugueses afectados polo temporal.